bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Amos 8
Amos 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 9 →
1
Velaquí o que me fixo ver o meu Señor Iavé: velaquí unha canastra de froitos madurecidos;
2
e preguntoume: "Que ves ti, Amós?" Eu respondinlle: "Unha canastra de froitos madurecidos". Entón díxome Iavé: "Madureceu a fin do meu pobo Israel, xa non lle vou pasar máis por alto".
3
Naquel día laiaranse as cantantes do pazo, —oráculo do meu Señor —Iavé— amorearanse os cadáveres que esparexerán por todos os lugares ás caladas.
4
Escoitade isto, vós que asoballades o pobre e exterminades a xente humilde do país;
5
vós que dicides: "cando pasará o festivo da lúa nova para vendermos o trigo e o sábado para fornecer o gran traficando ata co salvado, para minguar a medida, aumentar o prezo e defraudar con balanza falsa,
6
para mercarmos por diñeiro o mendigo e o pobre pola débeda dun par de sandalias?"
7
Xura Iavé pola soberbia de Xacob: "Endexamais non esquecerei os seus delitos.
8
Non haberá de tremer a terra por isto e levar loito cantos nela moran? Hase erguer toda coma o Nilo, ha tremer e mirrar coma a corrente de Exipto!
9
Sucederá naquel día —oráculo do meu Señor Iavé—, farei que o sol se poña ó mediodía e entebrecerei o país en pleno día,
10
trocarei as vosas festas en loito; todas as vosas cántigas en laios; cinguirei todos os lombos de saco, deixarei toda cabeza rapada, vouno dispor coma o pranto polo vinculeiro e o remate vai ser coma o dun día amargado.
11
Velaquí chegan os días —oráculo do meu Señor —Iavé— nos que vou mandar a fame ó país; non fame de pan nin sede de auga, senón de escoitar a palabra de Iavé.
12
Vagarán de mar a mar, andarán do norte ó leste á procura da palabra de Iavé e non a atoparán".
13
Naquel día esmorecerán de sede as rapazas belidas e mais os mozos,
14
os que facían xuramento polo delito de Samaría dicindo: "Por vida do teu Deus, Dan", e "por vida da verea de Beerxeba"; caerán, e xa non se han erguer máis.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9