bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Amos 5
Amos 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 6 →
1
Escoitade esta palabra, este pranto que eu entoo contra vós, casal de Israel:
2
Caeu, non rexurdirá, a doncela de Israel, tirada polo seu propio chan, non haberá quen a erga;
3
pois así di o Señor Iavé: "Vila que recrutou un milleiro, recupera cen, e a que recrutou cen, recupera dez";
4
pois así di Iavé ó casal de Israel: "Buscádeme e viviredes".
5
Non busquedes a Betel, non vaiades a Guilgal, non vos acheguedes a Beerxeba, pois Guilgal ha de ir deportada e Betel quedará en nada.
6
Procurade a Iavé e viviredes, non vaia dar o lume no casal de Xosé e o engulipe e ninguén o apague por causa de Betel.
7
Ai dos que trocan o dereito en asentes e botan polo chan a xustiza!
8
Foi El quen fixo as Pléiadas e o Orión, quen muda as tebras en abrente e escurece o día en noite, quen convoca as augas do mar e as verte sobre a superficie da terra: Iavé é o seu nome.
9
Quen dispón a desfeita contra o forte, chegando o saqueo ata a cidadela.
10
Odian ó fiscal no tribunal, rexeitan a quen dá testemuño cumprido,
11
por iso: Xa que esmagades os foros do pobre e lle esixides tributos de trigo, se construístes pazos de perpiaño non os habitaredes, se plantastes viñas farturentas non beberedes do seu viño.
12
Ben sei eu dos vosos innumerables delitos e dos vosos enormes pecados, asoballades o honrado, aceptades de suborno que torcedes o dereito do pobre no tribunal.
13
Por iso o asisado cala neste tempo pois é un tempo cativo.
14
Buscade o ben e non o mal de xeito que vivades e Iavé, o Deus dos Exércitos, quedará convosco, segundo dicides.
15
Rexeitade o mal, amade o ben, que impere o dereito nos tribunais; quizais se considere, Iavé, Deus dos Exércitos, do resto de Xosé.
16
Por iso así di Iavé, Deus dos Exércitos, o Señor: "En todas as prazas, loito, en todas as rúas berran: Ai, ai! Chaman ó xornaleiro para o laio e para o pranto ás carpideiras
17
e en todas as viñas haberá loito cando eu pase por medio de ti": dixo Iavé.
18
Ai daqueles que devecen polo día de Iavé! Que vai significar para vós o día de Iavé? Vai ser tebra; non vai ser luz.
19
Vai ser coma cando foxe un do león e vai dar co oso; logra aínda chegar á casa, apoia a man na parede, e mórdeo a cóbrega.
20
Non vai ser acaso tebra o día de Iavé e non luz? Abofé que o seu é a escuridade e non a claridade!
21
"Aborrezo e rexeito as vosas festas, non soporto o cheiro das vosas liturxias
22
(se non é cando me ofrendades holocaustos) as vosas oblacións non me alegran, o banquete sacrificial dos vosos xatos nin o vexo.
23
Arreda de min a charanga dos teus cantos! Non estou para escoitar músicas das túas arpas.
24
O dereito é o que ten que fluír coma auga e a xustiza coma manancial perenne.
25
Acaso ofrecestes sacrificios e ofrendas no deserto durante os corenta anos, casal de Israel?
26
Levabades daquela a Sicut o voso rei e a Kiiún, imaxes vosas, a estrela dos vosos deuses, fabricados por vós mesmos?
27
Eu si, eu vouvos levar deportados alén de Damasco", dixo Iavé, que ten por nome Deus dos Exércitos.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9