bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Amos 2
Amos 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 3 →
1
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos de Moab e mais por catro non me hei domear: Por queimar os ósos do rei de Edom ata volvelos cal,
2
heille meter lume a Moab ata que engulipe os pazos de Queriiot, e morrerá con estrondo Moab entre o balbordo, ó son do corno;
3
exterminarei do seu medio o gobernante e xunto con el matarei a todos os seus ministros": dixo Iavé.
4
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos de Xudá e mais por catro non me hei de domear. Por rexeitar a lei de Iavé e non observar os seus mandatos, xa que os seus falsos deuses os extraviaron, eses tralos que xa correran seus pais,
5
heille meter lume a Xudá ata que engulipe os pazos de Xerusalén".
6
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos de Israel e mais por catro non me hei domear: Por venderen o honrado por diñeiro e o necesitado pola débeda dun par de sandalias.
7
Refregan contra o po a cabeza dos mendigos e desviaron o vieiro dos pobres; pai e fillo xúntanse coa mesma moza para profanar o meu santo nome;
8
estran o leito con roupas collidas en prenda a carón dun altar calquera, beben viño cos cartos requisados no templo do seu deus.
9
Cando fora eu o que exterminara por causa deles os amorreos, que eran altos coma cedros e fortes coma carballos, destruíndo o seu froito por riba e as súas raiceiras por baixo.
10
Eu fíxenvos subir desde o país de Exipto guiándovos pola estepa corenta anos para darvos en posesión a terra dos amorreos;
11
fixen xurdir profetas de entre os vosos fillos e nazireos de entre os vosos mozos, non si, israelitas? —Oráculo de Iavé—.
12
E vós, en troques, fixestes beber viño ós nazireos e ordenastes ós profetas: Non profeticedes!
13
Pois, velaquí, eu vou facer regos no chan debaixo vosa coma os que fai un carro ateigado de monllos.
14
Daquela non vai poder fuxir o áxil, nin a forza sosterá ó forte nin o soldado de vangarda salvará a vida;
15
o arqueiro non se vai ter en pé, o de pés lixeiros non escapará nin o que vai de a cabalo salvará a vida;
16
o máis valente de entre os paladíns fuxirá espido naquel día" —Oráculo de Iavé—.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9