bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 1
Ecclesiastes 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 2 →
1
Verbas de Qohélet, fillo de David, rei en Xerusalén.
2
Nada máis ca un sopro, —di Qohélet— un lene sopro, un breve aire é todo.
3
Que proveito tira o home de todas as angueiras polas que traballa baixo o sol?
4
Vaise unha xeración, vén outra, e a terra sempre queda.
5
Sae o sol, ponse o sol, volta sen folgos ó seu posto; de alí torna a xurdir.
6
Torna ó Sur, vira para o Norte, xira que xira, camiña o vento; volve o vento ás súas reviravoltas.
7
Todos os ríos van dar no mar, e o mar non se enche. Para onde os ríos camiñan, alí tornan incesantes.
8
Todas as verbas se esgotan; ninguén acada a expresarse. O ollo non se dá farto de ver, non se enche a orella de oír.
9
O que foi, iso será; o que xa se fixo, farase; pois nada hai novo baixo o sol.
10
Supón que de algo se diga: —"Mira que isto é novo"....Pois xa aconteceu nos tempos que nos precederon.
11
Non hai memoria dos devanceiros, nin a haberá dos vindeiros; non os relembrarán os que veñan despois.
12
Eu, Qohélet, reinei sobre Israel en Xerusalén,
13
e propúxenme pescudar e investigar aleuto todo canto acontece baixo o sol: dura tarefa que Deus lles impón ós humanos para que nela se afanen.
14
Contemplei todas as accións que se fan baixo o sol. Resultado: todo é efémero e papar ventos.
15
O torcido non se pode endereitar, co que non hai non se pode contar.
16
Pensei para min: sen dúbida fíxenme famoso amoreando máis sabedoría ca todos os que me precederon en Xerusalén; e a miña mente acadou grande saber e ciencia.
17
Esforceime así en coñecer o que é a Sabedoría e o que son a Necidade e a Tolemia, e agora decátome de que tamén iso é papar ventos,
18
pois: "moito saber, moita molestia, e canta máis ciencia, máis sufrir".
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12