bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 9
Ecclesiastes 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 10 →
1
Pois ben, a todo isto apliquei a miña mente para chegar ó seguinte resultado: que os xustos e os sabios e as súas obras están na man de Deus. Se amará ou se aborrecerá, tampouco o sabe o home. Todo canto ten diante é
2
efémero; xa que a todos alcanza o mesmo destino: ó inocente e ó culpable, ó puro e ó impuro, ó que ofrece sacrificios e a quen non, ó home de ben e ó pecador, ó que xura e a quen ten medo de xurar.
3
Este é o mal que acompaña a canto acaece baixo o sol: o tocarlles a todos a mesma sorte; e xuntamente, o estar o corazón dos homes cheo de malicia, con arroutadas no maxín mentres viven e co porvir entre os mortos.
4
Quen aínda estea asociado cos vivos, ten esperanza, xa que: "Máis conta can vivo ca león morto".
5
Pois: "Os vivos saben que han morrer; os mortos non saben xa máis nada" nin van ter recompensa, pois esquécese a súa memoria.
6
Amor, odio, envexa, para eles rematou todo. Nin terán máis parte no que se fai baixo o sol.
7
Vai xantar no teu pan con ledicia! Bebe contento do teu viño! Pois Deus xa se compraceu nas túas accións.
8
Viste en todo tempo vestiduras brancas e non falte o perfume sobre a túa cabeza!
9
Goza da vida coa muller que amas todo o que dure a túa efémera existencia, a que se che concedeu baixo o sol, o total dos teus días efémeros! Tal é o teu quiñón de vida e de traballo polo que te afanas baixo o sol.
10
Canto estea na túa man facer, faino! Porque non hai actividade, nin cálculo, nin coñecer, nin Sabedoría no Xeol, para onde camiñas.
11
De novo observei baixo o sol que non é dos veloces a carreira nin a guerra dos heroes, nin dos asisados o ter pan, nin dos entendidos a riqueza, nin o favor dos sabedores, senón que a ocasión e a sorte cáenlles por igual a todos.
12
Por enriba diso o home non sabe do seu momento: coma os peixes se enredan na rede fatal, e os paxaros se pillan coa trampa, do mesmo xeito atrápanse os homes nun mal momento cando lles vén enriba de improviso.
13
Vin aínda outro caso instrutivo baixo o sol, que me encolleu o ánimo:
14
Había unha pequena vila na que habitaban poucos homes. E chegou ata ela un gran rei, que a cercou e construíu contra ela grandes torres.
15
Atopábase alí un home, pobre pero mañoso, que coa súa sabenza salvou a vila. E cocn todo ninguén se lembrou máis daquel home pobre.
16
Dixen entón para min: "Máis vale maña ca forza" só que a maña do pobre é desprezada se ninguén presta oídos ás súas razóns.
17
"Verbas de Sabios escoitadas con sosego valen máis cós berros dun comandante de Parvos".
18
"Mellor é a astucia cás armas guerreiras", pero un erro só bota a perder moitos bens.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12