bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 10
Ecclesiastes 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 11 →
1
"Unha mosca morta fai feder un perfume de marca", e un pouco de Tolemia custa máis caro có saber e a gloria.
2
"Se o Sabio dirixe a mente para a dereita o Tolo faino para a esquerda".
3
Por onde queira que camiñe o Parvo, fáltalle siso: vai proclamando a todo o mundo que está tolo.
4
Se a xenreira do que manda se dirixe contra ti, non deixes o teu posto, xa que: "A mansedume sanda grandes erros".
5
Vin que hai un mal baixo o sol, unha especie de falta que ten orixe no soberano:
6
Un inepto posto en altos cargos, mentres que os aptos e capaces sentan por debaixo.
7
Vin servos de a cabalo e principais camiñando coma servos pola terra.
8
"O que cava unha foxa, pode caer nela e quen derruba un muro pode ser mordido pola cobra".
9
"Quen pica pedras pódese ferir con elas, quen parte leña pódese mancar con ela".
10
"Cando o ferro se embota (por non lle afiar o gume), cómpre facer máis forza", mais é unha vantaxe empregar ben a habilidade.
11
"Cando a serpe pica antes do esconxuro, de nada vale o esconxurador".
12
"As verbas da boca do Sabio son axeitadas, os labios do Tolo son os que o perden";
13
o seu exordio xa é unha parvada e a súa peroración, un fatal desvarío,
14
e conste que o Tolo fala abondo. Con todo, o home non sabe o que vai suceder, e quen lle contará o que virá despois del?
15
Cando por fin ficará canso o Tolo no seu esforzo se nin sequera dá co camiño para a vila?
16
Ai de ti, terra onde o rei é un monifate, e onde os ministros amencen entre enchedelas!
17
Benia ti, terra na que o rei é un notable, e onde os ministros xantan ás súas horas!, barís, non bébedos.
18
"Por neglixencias afúndense as trabes do teito, por mans nugallás pinga toda a casa".
19
Para folgar fanse os banquetes, e o viño aleda a vida, e o diñeiro concede todo.
20
Non renegues do rei nin en pensamento! Non fales mal do rico nin na alcoba! Pois ata os paxaros do ceo lle irán co conto, e mesmo os seres alados rexouban.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12