bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 8
Ecclesiastes 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 9 →
1
Quen é coma o Sabio? Quen é capaz de interpretar un feito? "A Sabedoría dun home bríllalle no rostro, e trócalle a dureza da face".
2
Ti cumpre a orde do rei e non te precipites no tocante ó xuramento a Deus.
3
Sae da súa presenza, non quedes, se estás nunha mala situación, pois pode facer todo canto quere.
4
Porque: "A palabra do rei é poderosa e quen lle vai dicir: Que fas ti alí?".
5
"Quen cumpre co mandado, non sufrirá nada malo" e: "Do momento oportuno e do xuízo, sabe o corazón sabio".
6
Xa que todo asunto ten o seu tempo e a súa razón, e sobre o home penden moitos males;
7
non coñece o que lle pode acaecer, e quen o vai informar do que está por vir?
8
Non hai home que poida controlar o espírito, como non hai control do día da morte, nin evasión da loita, nin riqueza que deixe libre ó seu dono.
9
Todo isto considerei prestando atención a canto se fai baixo o sol durante o tempo en que un home domina sobre outro para mal.
10
Deste modo vin eu levar para a cova ós impíos. E vaise con eles, e vóltase do camposanto. E esquécese na vila o que fixeron. Tampouco isto non ten xeito!
11
E se a sentencia por un mal proceder non se executa de seguido, os homes collen folgos para facer o mal;
12
con todo, aínda que é verdade que o pecador que fai o mal cen veces, é tolerado, ben sei eu aquilo de: "Os que temen a Deus terán a felicidade xustamente por temelo";
13
e tamén: "Non lle irá ben ó impío; igual cá sombra non prolongará os seus días, porque non teme a Deus".
14
Aínda hai outra cousa absurda na terra: Xustos ós que lles vai coma se obrasen coma impíos; impíos ós que lles vai coma se fixesen igual cós xustos. Eu penso que tamén isto é un absurdo.
15
Eu aprobo a ledicia, pois non hai cousa mellor para o home baixo o sol que comer e beber e gozarse. Isto é o que o acompaña no seu esforzo os días de vida que Deus lle dea baixo o sol.
16
Apliqueime a coñecer a Sabedoría e a considerar o traballo que se realiza na terra: nin de noite nin de día albisca o home o sono cos seus ollos.
17
E observei todo o facer de Deus: o home non consegue descubrir a propósito do que se fai baixo o sol; e por máis que o home se esgote en procuralo, non o atopa; e aínda que o Sabio coida que o sabe, non pode dar con el.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12