bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 2
Ecclesiastes 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 3 →
1
Dixen entón para o meu interior: Veña! Probemos coa Ledicia, e a gozar do que é bo! Mais velaquí que tamén iso é efémero.
2
Chameille ó rir "Parvadas", e da ledicia dixen: "Para que serve?"
3
Cavilei no corazón de dar o corpo ó viño, mantendo a miña intención sabia, aplicándome á loucura ata descubrir se esa é a felicidade que o home poida acadar baixo o ceo no par de días que vai vivir.
4
Fixen cousas magníficas: edifiquei pazos, plantei viñas;
5
fixen para min xardíns e soutos e plantei neles toda clase de froiteiras;
6
cons—truín estanques de auga para con eles regar na fraga as árbores en agromo;
7
merquei servos e servas e tiven escravos nados na casa; e aínda gando de vacas e greas de ovellas abondo, máis que cantos me precederon en Xerusalén.
8
Amoreei tamén prata e ouro e tesouros de reis e provincias; procurei cantores e cantoras, e a delicia dos homes: amoríos a eito.
9
Superei en magnificencia a todos os que me precederon en Xerusalén; con todo ó meu carón mantívose a Sabedoría.
10
De canto os meus ollos me demandaban, nada lles neguei. Non recusei ledicia á miña arela; pois o meu ánimo gozaba de toda esta riqueza coma premio de todo o meu degoiro.
11
Voltei entón os ollos para as obras que fixeron as miñas mans e para o traballo que me custara realizalas, e velaquí que todo fora un sopro e papar ventos, e que nada hai de proveitoso baixo o sol.
12
Púxenme a reparar daquela na Sabedoría e na Necidade e na Tolemia (por certo: Que vai facer o home que lle suceda ó Rei? —O que xa antes del outros fixeron),
13
e observei que a Sabedoría ten unha vantaxe sobre a Tolemia, coma a que lle leva a luz á tebra:
14
"O Sabio ten ollos na cara, o Necio camiña na tebra", mais sei tamén que igual destino lles cae enriba ós dous.
15
Dixen entón para min: o que lle toque ó Necio, iso tocarame a min tamén; para que souben tantísimo? —E concluín que tamén isto é un sen sentido,
16
xa que: "A longo prazo non hai lembranza nin do sabio nin do Necio"; "axiña virán os días en que todos os esquezan". "Ai! Morre o Sabio coma morre o Necio".
17
Cheguei así a odiar a vida, pois pareceume mal todo canto acontece baixo o sol, xa que todo é efémero e puro papar ventos.
18
E aborrecín toda a ganancia pola que traballei baixo o sol, pois heina de deixar a un descendente meu,
19
e quen sabe se será un Sabio ou un badoco? Un tal será o herdeiro do que con tanto esforzo conseguín con grande habilidade baixo o sol! Tamén iso é cousa sen xeito.
20
A punto estiven de desesperar de toda a fatiga que soportei baixo o sol;
21
pois, pon por caso un home que lle debe o que gañou ó seu saber, prudencia e éxito, e que o teña que deixar en herdanza a un que non o traballou. Évos tamén un grande sen sentido e grande mal.
22
Abofé, que tira un home tal de todo o seu esforzo e de darlle voltas ó maxín, traballando baixo o sol?
23
"Dores todos os días, molestias do seu loitar, noites en branco matinando", E isto sonvos tamén andrómenas!
24
Non lle resta ó home cousa mellor senón comer e beber e darse boa vida do froito do seu esforzo. E ata estou certo que facer iso pende da man de Deus.
25
Pois quen ten de que comer e quen pasa apuros se non é por El?
26
O home que lle agrada dálle El sabedoría, ciencia, ledicia; e ó que erra, ponlle coma tarefa recoller e achegar para dalo despois a quen Deus considera. Tamén isto é sen tino e papar ventos.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12