bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 5
Ecclesiastes 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 6 →
1
Non te precipites coa túa boca; non se che apure o pensamento ó presentares ante Deus o teu afán. Pois Deus está no ceo e ti na terra: sexan poucas as túas verbas!
2
Xa que: "No moito se ocupar, vén o sono e nas moitas palabras, a voz do necio".
3
Se fas unha promesa a Deus non te demores en cumprila. A Deus non lle compracen os badocos: o que prometiches, cúmpreo!
4
"Mellor é non prometer que prometer e non cumprir".
5
Non deixes que a túa boca leve o teu corpo a un erro, e non digas despois ó ministro sagrado: equivoqueime. Por que dar motivo para que Deus se irrite polo que dixeches, e destrúa as obras das túas mans?
6
Pois: "Onde abundan os soños e as moitas lixeirezas, alí se atopa o exceso de palabras". Teme a Deus, logo!
7
Se ollares na bisbarra ó pobre asoballado, e violados o dereito e a xustiza, non te asombres do asunto! "Un home nun posto alto vixía ó outro e aínda teñen por riba deles ós seus maiores".
8
E, a pesar de todo, sempre é de interese para un país ter un rei que controle a agricultura.
9
"O que ama o diñeiro non se dá farto del, e a quen ama a riqueza non o sacian ganancias"; e tamén isto é vaidade.
10
"Co aumento de fortuna, moreas de comensais", e que proveito tira o seu dono, á parte de vela cos seus ollos?
11
"Doce é o sono do obreiro, coma pouco ou coma moito", mais a fartura tóllelle a paz ó rico e non dorme.
12
Hai un mal de adoecer que eu contemplei baixo o sol: riquezas aforradas por alguén para o seu propio dono.
13
A un tal pérdeselle por un casual a facenda nun mal negocio, e o fillo que lle naceu fica coas mans baleiras,
14
e: "Como saíu do ventre da súa nai, volta espido como veu". Non pode levar consigo dos seus bens, nin o que cabe na palma da man.
15
Tamén esa é cativa sorte, o terse de ir como se veu. Que vantaxe tirou do seu traballar para o vento?
16
Todos os días comendo ás agachadas, e por enriba tantas mágoas, doenzas e xenreiras.
17
Velaí, por tanto, o que eu considero o mellor: o que ten conta é comer e beber e gozar da felicidade co que se gañou fatigándose baixo o sol, nos días contados que lle concede Deus a un. Pois tal é a súa herdanza.
18
Que a un home lle dea Deus riqueza e bo vivir, e lle permita comer do seu gozando da sorte e aledándose co que posúe, iso si que é don de Deus.
19
Non se porá xa tanto a matinar nos días que vai vivir, pois dálle Deus ocupación coa ledicia interior.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12