bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 6
Ecclesiastes 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 7 →
1
Outro mal vin baixo o ceo que preme moito nos homes:
2
Dálle Deus a un riquezas, bo vivir, boa sona; nada lle faltou ó seu apetito de canto puidese arelar; pero Deus non lle permite gozalo, senón que un alleo llo goza. Iso si que é absurdo e unha desventura grande.
3
Por máis que críe cen fillos e viva unha morea de anos; por moitos que sexan os seus días, se non pode fartar a súa fame de felicidade, nin acada sepultura, coido eu que máis sorte ten un aborto,
4
xa que: "Chega en van, vaise coas tebras, e na sombra ocúltase o seu nome".
5
Aínda que non ollase o sol e non coñeza nada, con todo máis repousa este có outro.
6
E mesmo se un vivise dous milleiros de anos sen experimentar goce ningún, non van dar todos no mesmo lugar?
7
"Todo canto o home trasfega é para a súa boca mais a súa gorxa non se dá enchida".
8
Que vantaxe lle leva o sabio ó necio, ou o pobre ó que sabe arranxarse pola vida?
9
"Mellor é ter algo á vista, que deixar vagar o desexo". Pero tamén isto é un sopro e papar ventos.
10
O que sucede xa estaba determinado hai tempo. O que un home é xa se sabía. Non é el quen para debatelo con quen pode máis ca el.
11
O moito falar disto non fai máis que aumentar o sen sentido. De que lle serve ó home?
12
Pois quen sabe o que lle cómpre ó home na súa vida cos días contados do vivir efémero que esmorece coma a sombra? E quen pode informalo do que vai acontecer despois del baixo o sol?
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12