bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 4
Ecclesiastes 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 5 →
1
De novo púxenme a observar todas as opresións que se cometen baixo o sol. E velaquí as bágoas de inocentes, sen que ninguén se apiade; vénlles violencia da banda dos opresores, sen que ninguén se apiade.
2
E felicitei ós mortos que xa finaron máis felices do que os vivos que han vivir aínda,
3
e por riba deles os que nin sequera naceron, pois non ollaron a dura tarefa que acontece baixo o sol.
4
Teño observado que o traballo todo e toda empresa nace da competencia dos uns cos outros. Iso tamén é efémero e papar ventos:
5
"O parvo crúzase de brazos e consúmese a si mesmo",
6
Mais: "Mellor unha man chea, e paz, ca dúas, e traballo",...e papar ventos.
7
Tornei a considerar outra cousa efémera baixo o sol:
8
O caso onde hai un e non hai dous: un home sen fillo nin irmán e, con todo, traballando decote sen se dar farto de riquezas. (E non matina: —"Para quen traballo eu e me privo da felicidade?"). Tamén vos é boa tolemia e esforzo ingrato!
9
Mellor son dous ca un: tirarán bo proveito do traballo de entrambos.
10
Se caen, un pode axudar ó outro. Mais, malia o só! Cando caia non terá quen o erga.
11
E aínda máis: "Dous xuntos a durmir, quecen ben; un só como se quentará?".
12
E: "A un só, pódeselle; dous xuntos, resisten". E: "Corda de tres fíos non se rompe axiña".
13
Máis vale mozo pobre e listo ca rei vello e parvo, que xa non sabe facerse aconsellar.
14
Abofé, aquel sae da cadea para reinar, por máis que nacese pobre durante o reino do outro.
15
E observei a todos os viventes que camiñan baixo o sol pórse da parte do mozo aspirante ó trono que collía a sucesión.
16
Non se contaba a xente diante da que marchaba. E non obstante, os vindeiros xa non irán tan ledos; pois tamén isto é un sopro e papar ventos.
17
Ten conta dos teus pasos cando vaias á casa de Deus: "Achegarse para escoitar é mellor có moito sacrificar dos alpabardas", pois a eses fáltalles siso mesmo para facer o mal.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12