bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ecclesiastes 12
Ecclesiastes 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
1
Lembra ó teu creador nos anos mozos antes de que cheguen os días malos e te atopes cos anos dos que dirás: "Non sinto pracer neles"!
2
Antes de que se atolde o sol e a luz, a lúa e as estrelas, e retornen as nubes trala chuvia;
3
o día en que treman os gardiáns da casa e se dobren os fortes, e deixen de moer as muiñeiras, que serán poucas, e escurezan os que ollan desde as fiestras.
4
Cando se pechen os portóns que dan á rúa, e esmoreza o fungar do muíño convertido en rechouchío de paxaros, e se esgoten os cantares;
5
Darán espanto mesmo os tropezos do chan e amedrentaranse as rúas. Cando floreza a amendoeira e o saltón se pouse e non teña a alcaparra o seu amargor, porque o home camiña para a morada eterna e xa roldan polo adro as carpideiras.
6
Antes de que crebe o fío de prata e rompa o pichel de ouro e quebre a cántara na cisterna e se fenda a roldana no pozo;
7
e torne o po á terra que antes era, e volva o espírito cara a Deus, que o deu.
8
Nada máis ca un sopro, di Qohélet, todo é un sopro!
9
Qohélet, amais de ser Sabio, ensinou ó pobo o que sabía. Recolleu, examinou e recompuxo moitos ditos.
10
Procuraba Qohélet dar coas verbas asisadas, escribindo con xeito palabras verdadeiras.
11
"As sentencias do Sabio son coma aguilladas; e cravos ben afincados o que se atopa nas escolmas, cando os presenta o Pastor en persoa".
12
Por enriba de todo, meu fillo, déixate aconsellar: o moito escribir libros non ten fin, e o moito matinar fatiga o corpo.
13
Conclusión de todo o escoitado: Ti teme a Deus, e garda os meus mandatos, pois iso é ser home cabal;
14
xa que Deus vai levar a xuízo todas as accións, aínda as ocultas, sexan boas ou malas.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12