bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 1
Hosea 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 2 →
1
Palabra do Señor que lle veu a Oseas, fillo de Beerí, durante os reinados de Ozías, Iotam, Acaz e Ezequías, reis de Xudá, e durante o reinado de Ieroboam, fillo de Ioax, rei de Israel.
2
Comezo da palabra do Señor a Oseas. Díxolle o Señor a Oseas: "Vai, escolle para ti unha muller dada á prostitución, e xera fillos de prostitución, pois o país estase prostituíndo, deixando de ir tralo Señor".
3
Entón foi e colleu a Gomer, filla de Diblaím, que concibiu, e deulle a luz un fillo.
4
Daquela, díxolle o Señor: "Ponlle de nome Iezrael, porque dentro de pouco pedireille contas á casa de Iehú do sangue vertido en Iezrael e porei fin ó seu reinado na casa de Israel.
5
Sucederá no día aquel, que romperei o arco de Israel, no val de Iezrael".
6
Volveu ela a concibir, e deu a luz unha meniña, e o Señor díxolle a el: "Ponlle de nome Non Compadecida, pois non volverei seguir compadecéndome da casa de Israel, senón que lles retirarei completamente (a miña compaixón).
7
(Pero compadecereime da casa de Xudá e farei que se salve grazas ó Señor, seu Deus, e non grazas ó arco, nin grazas á espada, nin grazas á guerra, ós cabalos e cabaleiros)".
8
Cando ela destetou a Non Compadecida, concibiu e deu a luz un fillo.
9
Entón o Señor díxolle: "Ponlle de nome Non meu pobo, porque vós non sodes o meu pobo, e eu son Non estou aquí para vós".
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14