bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 7
Hosea 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 8 →
1
cando eu queira curar a Israel, entón revelarase a culpa de Efraím a ruindade de Samaría, pois practican a falsidade. O ladrón entra dentro, a banda dos malfeitores vaga pola rúa.
2
Non miran para os seus adentros, que eu me lembro de toda a súa maldade. Agora as súas accións téñenos envoltos, e están diante do meu rostro.
3
Coa súa maldade alegran ó rei e coas súas falsidades ós xefes.
4
Todos eles son dados ó adulterio, eles son coma un forno que arde, no que o panadeiro deixa de o atizar, desde que se fai a masa ata que leveda.
5
De día os reis enferman de repente, os xefes teñen a quentura do viño, e danlles a súa man incluso ós bandidos.
6
Si, levan dentro de si coma un forno, pois o seu corazón está na trama. Toda a noite dorme a súa paixón; pola mañá está ardendo coma un lume en labarada.
7
Todos eles arden coma un forno, para devorar os seus soberanos, caen todos os seus reis, sen haber entre eles quen acuda a min.
8
Efraím está entre as nacións, mestúrase con elas. Efraím é un freixó, ó que non se lle deu a volta.
9
Estranxeiros devoran a súa forza, e el non se dá de conta. Xa lle veñen pouco a pouco as canas, e el non se dá conta.
10
A soberbia de Israel testemuña contra el mesmo, pero non se volveu ó Señor, o seu Deus, nin o busca coa súa conversión.
11
Efraím é coma unha pomba, que se deixa seducir, sen xuízo: chaman ás portas de Exipto, corren a Asiria.
12
Así que se vaian, eu estenderei sobre eles a miña rede; coma os paxaros do ceo, fareinos baixar, castigareinos conforme ó anuncio feito na súa asemblea.
13
Ai deles! Pois fuxiron de onda min. Desgraza para eles! Pois rebeláronse contra min. Si, eu debería rescatalos, pero eles falaron contra min falsidades
14
e non clamaron cara a min desde o seu corazón, cando se lamentaban nos seus leitos. Fixéronse clientes de Dagán e de Tirox, e apartáronse de min,
15
Aínda que eu os instruín, fortalecinlles os seus brazos, mentres maquinaban o mal contra min.
16
Volvéronse ó que non é Altísimo, e foron coma un arco falso. Caeron á espada os seus xefes, por culpa da maldición da súa lingua. Isto é a súa burla, que trouxeron de Exipto.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14