bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 6
Hosea 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 7 →
1
Vinde e volvámonos ó Señor. É El quen nos desgarra e quen nos curará, quen nos fere, e nos vendará,
2
faranos revivir despois de dous días, ó terceiro día restableceranos, e viviremos felices na súa presenza.
3
Nisto recoñecerémolo. Esforcémonos por coñecer o Señor: a súa irrupción é segura coma a alba. Viranos á terra certamente unha chuvia forte, si, a chuvia da primavera e a chuvia do outono.
4
Que che vou facer, Efraím? Que che vou facer, Xudá? O voso amor é coma a nube da mañá, coma o orballo da madrugada, que pasa.
5
Por isto ferín co meu terrible oráculo, matei coas palabras da miña boca, e a miña sentencia brilla coma o sol,
6
pois quero amor, e non sacrificios, prefiro o coñecemento de Deus ós holocaustos.
7
Pero velaí: pisaron coma a terra a miña Alianza, e traizoáronme.
8
Galaad é unha cidade de malfeitores con pisadas de sangue.
9
Como espreita unha banda de bandidos, así é a comunidade dos sacerdotes, asasinan polo camiño que vai a Xequem. Que maldades cometen!
10
Na casa de Israel vin cousas horribles: Velaí a prostitución de Efraím, emporcállase Israel.
11
Tamén para ti, Xudá, está preparada a seitura. Cando eu queira cambiar a sorte do meu pobo,
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14