bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 10
Hosea 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 11 →
1
Israel está regada coma un bacelo, madúralle o froito; igual que a chuvia cae sobre o seu froito, así multiplica el os altares; como as precipitacións caen sobre a súa terra, así mellora el as estelas.
2
O seu entendemento está morto; están perdidos. O Señor mesmo vai descabezar os seus altares, vai arrasar as súas estelas.
3
Si, agora xa poden dicir: "Non temos rei, pois non respectamos o Señor. E o rei, que pode facer en favor noso?"
4
Si, falan cousas, fan xuramentos en falso, conclúen alianzas, medran os preitos coma a herba velenosa nos sucos do campo.
5
Os habitantes de Samaría estremécense, por mor do becerro de Bet-Aven, pois por el fai lamentación o seu pobo, por el fan lamentación os seus sacerdotes, envorcállanse pola riqueza do becerro que marchou ó desterro, lonxe del.
6
Tamén o levarán a Asiria, coma tributo para o gran rei. Efraím recollerá a vergonza, e Israel avergonzarase do seu plano.
7
Desaparecerá Samaría, o seu rei será coma escuma sobre a auga
8
e serán destruídos os outeiros da iniquidade, o pecado de Israel. Cardos e silvas medrarán sobre os seus altares; entón diranlles ás montañas: "Esmagádenos", e ós outeiros: "Caede sobre nós".
9
Desde os días de Guibah pecaches, Israel; permaneciches no pecado. De certo, a guerra collerate en Guibah.
10
Cando eu desexe mal contra os fillos da Maldade, fareinos desaparecer, e xuntaranse os pobos contra eles, porque xuntaron os seus dous crimes.
11
Efraím é unha xovenca amansada, á que lle gusta trillar, por isto eu póñolle o xugo por riba e xungo o seu fermoso pescozo; Efraím xunguida, Xudá ara, oh, Xacob!
12
Sementade para vós conforme a xustiza, recollede segundo a fidelidade á Alianza. Decruade para vós a anovada, si, e tamén un suco para buscar o Señor, ata que veña e teñades a chuvia ó seu tempo.
13
Arastes a maldade, recollestes a iniquidade, e comestes o froito da falsidade. Por poñeres a confianza no teu poder, na multitude dos teus valentes soldados,
14
un clamor levántase contra a fortaleza e todos os teus fortes son arrasados, o mesmo que Xalmán arrasou a Bet-Arbel, o día da batalla, cando estrelaron a nai contra os seus fillos.
15
Así farán convosco, Betel, por culpa das vosas enormes maldades: A alba perecerá aniquilado o rei de Israel.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14