bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 8
Hosea 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 9 →
1
Fai da túa boca unha trompeta: unha aguia está sobre a casa do Señor! Porque transgrediron a miña Alianza e reviráronse contra a miña lei.
2
A min claman eles: "Deus de Israel, nós recoñecémoste!"
3
Israel rexeitou ó Bo, seguiron ó inimigo.
4
Eles constituíron reis, pero sen contar comigo, constitúen xefes, pero non os recoñezo. Da súa prata e do seu ouro fixeron ídolos, para se aniquilaren eles mesmos.
5
Certo que rexeitei o becerro de Samaría, a miña ira arde contra eles. Ata que día serán incapaces da pureza?
6
Si, é cousa que veu de Israel: faino un artista, por iso non é Deus; en anacos será convertido o becerro de Samaría.
7
Abofé, sementan vento e recollen tempestades. A anada non ten froito, non produce gran, se producise algún, devoraríano estranxeiros.
8
Devoran a Israel: agora está entre os pobos coma un obxecto sen valor.
9
Velaí soben a Asiria; Efraím é un asno salvaxe: non é fecundo, pero dánselle os amoríos.
10
Si, dánselle ben os amoríos coas nacións, pero vouno agarrar: retorcerase algún tempo baixo o peso do rei de príncipes.
11
Si, Efraím multiplicou os seus altares para arrepentirse, pero os altares servíronlle para pecar.
12
Escríbolles con abundancia as miñas leis, e considéranas coma cousa allea.
13
Ofrecen sacrificios, por amor a min e comen a súa carne, pero o Señor non se comprace neles. Agora El lembra as súas culpas e castiga os seus pecados. Si, teñen que volver a Exipto.
14
Israel esqueceu o seu Creador e construíu palacios. Xudá multiplicou as cidades nas alturas. Pero eu mando lume contra as súas cidades, que devorará os seus palacios.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14