bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 11
Hosea 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 12 →
1
Cando Israel era escravo, eu ameino, e de Exipto chamei ós seus fillos.
2
Cando máis os chamaba, máis marchaban de onda min. Ofrecían sacrificios ós Baales, ofrendaban incenso ós ídolos.
3
Pero eu ensináralle a Efraím a camiñar, tíñao collido nos meus brazos, e non quería saber que eu era o seu médico.
4
Coas cordas das miñas mans acollinos, con brazos de amor, e fun para eles coma quen lles levanta o xugo do pescozo, ligueinos a min e dáballes de comer.
5
Certo que volverá ó país de Exipto, e ó rei de Asiria, que será o seu rei, pois non quixeron arrepentirse.
6
Así a espada dirixirase contra os seus príncipes, e acabará cos sacerdotes que profiren oráculos, e devorará parte dos seus conselleiros.
7
E o meu pobo persistirá na súa caída, ó Supremo El invocará e non celebrará ó Deus Único.
8
Como te vou entregar, Efraím? Como te vou deixar, Israel? Como te vou entregar igual ca Ademah? Como te vou volver igual ca Seboim? O meu corazón revólvese contra min, ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.
9
Non provocarei o incendio da miña ira, non volverei a destruír a Efraím, pois son Deus, e non un home, o Santo no medio de ti: non te volverei a destruír.
10
Camiñarán tralo Señor, que ruxirá coma un león. Si, el ruxirá e os seus fillos virán tremendo desde occidente.
11
Virán tremendo desde Exipto coma paxariños, e coma pombas desde o país de Asiria: fareinos volver ás súas casas —é o Señor quen fala—.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14