bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 5
Hosea 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 6 →
1
Escoitade isto, sacerdotes; prestade atención, os da casa de Israel; oíde, os da casa do rei, pois a sentencia é para vós, xa que fostes unha trampa en Mispah, e unha rede tendida no Tabor.
2
Si, sentíanse profundamente afeccionados a sacrificar ás imaxes, pero eu serei quen os castigue a todos eles.
3
Eu coñezo ben a Efraím, e Israel non se me esconde. Certo que ti, Efraím, te dás agora á prostitución, si, emporcállase Israel;
4
As súas obras non lle permiten apartar dos seus deuses, xa que teñen dentro deles un espírito de prostitución, e ó Señor non o coñecen.
5
A soberbia de Israel testemuña contra el mesmo, Israel e mais Efraím están a punto de caer pola súa iniquidade, e con eles cae tamén Xudá.
6
Coas súas reses e vacas van buscar o Señor, pero non atopan o seu liberador.
7
Velaí: traizoaron ó Señor, e xeran fillos bastardos; por iso un Novo Baal devoraralles a cada un a súa herdanza.
8
Tocade o corno en Guibah, a trompeta en Ramah, dade a alarma en Bet-Aven: "Olla para os perseguidos, Benxamín".
9
Efraím converterase nunha desolación o día do castigo. Contra as tribos de Israel anuncio eu o que é seguro.
10
Os xefes de Xudá son os que mudan os marcos: sobre eles verterei o meu noxo coma auga.
11
Efraím está oprimido, quebrantada está a xustiza, aínda que quere perseguir o seu dereito;
12
pero eu son para Efraím coma un tumor, coma podremia para a casa de Xudá.
13
Cando viu Efraím a súa enfermidade, e Xudá a súa chaga, foi Efraím a Asiria, e mandou emisarios ó gran rei, pero este non será capaz de curarvos, nin vos quitará a chaga.
14
Si, eu serei coma un león para Efraím e coma un cachorro de león para Xudá; eu, eu en persoa, esgazarei e marcharei; apresarei, e non haberá quen salve.
15
Voume volver ó meu santuario, ata que se sintan culpables, entón buscarán o meu rostro, cando estean na angustia; na angustia desexaranme ardentemente.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14