bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 13
Hosea 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 14 →
1
Cando Efraím falaba, daba medo, era sublime en Israel; pero fíxose culpable con Baal, e mereceu morrer.
2
Pois agora continúa pecando, fai ídolos de fundición, da súa prata fai con habilidade ídolos. Todo iso é obra de artistas. Din eles: "Ofrecédelles sacrificios a eles, que os homes biquen os becerros".
3
Por isto volveranse coma néboa de mañanciña, e coma orballo que pasa á madrugada, coma a muíña que voa da eira, coma fume que escapa polo ventanuxo.
4
Si, eu son o Señor, o teu Deus, desde o país de Exipto, e deuses fóra de min non debes recoñecer, pois non hai outro salvador, senón eu.
5
Eu pastoreeite no deserto, na terra do sequeiro
6
Si, fíxenos pacer e fartáronse; fartáronse e ensoberbeceuse o seu corazón, por isto esquecéronse de min.
7
Si, eu serei para eles coma un tigre que apresa, coma un leopardo estarei á espreita á beira do camiño.
8
Atacareinos coma un oso a quen lle quitaron as crías, e arrincareilles a caixa do corazón, alí devorareinos coma unha leoa, os animais salvaxes esgazaranos en triscos.
9
Voute destruír, Israel; si, quen virá na túa axuda?
10
Onde está o teu rei, para que te auxilie a ti e ás túas cidades? E onde están os teus soberanos dos que dixeches: "Dáme un rei e uns príncipes"?
11
Concedinche un rei, movido polo meu noxo; e retireino, movido pola miña ira.
12
Envolta está a iniquidade de Efraím, escondido o seu pecado.
13
As dores do parto chéganlle a Efraím, pero el é un fillo parvo: chegou a hora, non entra por onde rompen os fillos.
14
Vou libralos do poder do Xeol, vou rescatalos da Morte. Onde está, Morte, o teu aguillón? Onde está, Xeol, a túa aguillada? A misericordia está escondida dos seus ollos.
15
Si, mentres el está medrando entre a herba, vén o vento do leste, o vento do Señor que sobe do deserto, e fai secar a súa fonte, reseca o seu viveiro. O Señor vai saquear os tesouros, todos os obxectos preciosos.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14