bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hosea 4
Hosea 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 5 →
1
Escoitade a palabra do Señor, fillos de Israel. Velaí o preito do Señor cos que mandan no país, pois non hai fidelidade nin amor nin coñecemento de Deus no país.
2
Os perxurios, a mentira, o asasinato, o roubo e o adulterio están difundíndose, e imaxes de ídolos están tropezando con imaxes de ídolos.
3
Por isto reseca o país e morre de sede todo o que vive nel, o mesmo os animais salvaxes cós paxaros do ceo, e ata os peixes do mar desaparecen.
4
Certo, con lume sentencia Deus; si, Deus castiga con lume; pero contigo precisamente é o meu preito, sacerdote.
5
Tropezarás de día, e contigo tamén tropezará o profeta de noite; si, reducireinos poderosamente ó silencio; certo,
6
o meu pobo será reducido ó silencio por falta de coñecemento. Xa que refugaches o coñecemento de seres sacerdote para min; ti esqueciches a lei do teu Deus: así tamén eu me esquecerei dos teus fillos.
7
Canto máis ricos son, máis pecaron contra min. Cambiarei a súa gloria pola ignominia.
8
Aliméntanse do pecado do meu pobo. abren a gorxa arelando as súas culpas.
9
sucederalle ó pobo o mesmo ca ós sacerdotes: pedireille contas do seu comportamento e farei volver contra el as súas obras:
10
comerán e non se fartarán; fornicarán, e non se saciarán, porque abandonaron o Señor, para venerar a prostitución.
11
O viño e mais o mosto quítanlle o xuízo
12
ó meu pobo, que consulta a unha árbore, infórmao unha póla de árbore, pois un espírito de prostitución descamíñaos, e fornican abandonando o seu Deus.
13
Sacrifican no cume das montañas, e sobre os outeiros ofrendan incenso, debaixo do carballo e do amieiro e do terebinto, Que agradable é a súa sombra! Por isto as vosas fillas daranse á prostitución, e as vosas noras cometerán adulterio.
14
Non lles pedirei contas ás vosas fillas por se prostituíren nin ás vosas noras por se daren ó adulterio; pois os mesmos sacerdotes van á parte coas prostitutas, comparten os banquetes sacrificiais coas prostitutas sagradas; por isto o pobo, que non entende, vai á ruína.
15
Aínda que ti, Israel, es unha prostituta, que non se volva culpable Xudá. Si, non vaiades a Guilgal, non subades a Bet-Aven, nin xuredes alí: "Vive o Señor".
16
Se Israel escorna coma unha xovenca, que escorne; agora o Señor vainos deixar pacer coma os carneiros na chaira do Xeol.
17
Efraím está asociado ós ídolos, el transmite en herdanza
18
A apostasía dos que beben no templo; dáse de cheo á prostitución, a fornicar: aman as vergonzas do seu protector!
19
Un vendaval envólveos nas súas ás, e así avergónzanse dos seus sacrificios.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14