bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 1
1 Corinthians 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 2 →
1
Paulo, chamado a ser apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, así coma o irmán Sóstenes:
2
á Igrexa de Deus que está en Corinto, ós que están santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos cos que en calquera lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso,
3
desexámosvos graza e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.
4
Non paro de lle dar grazas a Deus por vós, pola graza de Deus que se vos deu por medio de Cristo Xesús.
5
Porque por medio del quedastes ricos en todo, nos dons da palabra e do coñecemento:
6
e así confirmouse solidamente entre vós o testemuño en favor de Cristo.
7
De xeito que non carecedes de ningún don, mentres agardades a revelación do noso Señor Xesús Cristo.
8
El é quen vos manterá firmes deica á fin, para que ninguén vos poida acusar de nada no día do noso Señor Xesús Cristo.
9
Deus é fiel e foi El quen vos chamou á comunidade do seu Fillo Xesús Cristo, noso Señor.
10
Irmáns, polo nome do noso Señor Xesús Cristo: rógovos que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións entre vós; ó contrario, axeitádevos todos nun mesmo espírito e nun mesmo pensamento.
11
Pois, irmáns, polos de Cloe cheguei a saber que hai discordias entre vós.
12
Refírome a que cada un de vós anda a dicir: "eu son de Paulo, eu de Apolo, eu de Cefas, eu de Cristo".
13
Pero é que Cristo está dividido? É que foi Paulo a quen crucificaron por vós? Ou é Paulo o nome no que vos bautizaron?
14
Dou grazas a Deus de non ter eu bautizado a ningún de vós fóra de Crispo e de Caio;
15
Así ninguén poderá dicir que vos bautizaron no meu nome.
16
(Ai si, tamén bauticei a familia do Estevo; pero do resto, que eu acorde non bauticei a ninguén).
17
Porque non me mandou Cristo a bautizar, senón a predicar o Evanxeo; e isto sen habilidades retóricas, para que non quede desvirtuada a eficacia da cruz de Cristo.
18
Porque a palabra da cruz é loucura para os que se perden, pero para nós, os que nos salvamos, é poder de Deus.
19
Pois está escrito: Desmontarei a sabedoría dos sabios e derrubarei a intelixencia dos intelixentes.
20
Onde está o sabio? Onde o letrado? Onde está o investigador conforme ós criterios deste mundo? É que non mostrou Deus que a sabedoría do mundo é unha parvada?
21
Mirade, xa que o mundo con todo o seu saber non recoñeceu a Deus na súa Sabedoría, tivo Deus a ben salvar coa loucura da predicación ós que teñen fe.
22
Así os xudeus piden signos e os gregos buscan a sabedoría;
23
pero nós predicamos un Mesías crucificado: e isto para os xudeus é un escándalo e para os pagáns é unha loucura.
24
Pero para os chamados, tanto xudeus coma gregos, el é Cristo, marabilla do poder e da sabedoría de Deus.
25
Porque a loucura de Deus é máis sabia ca toda a sabedoría dos homes e a debilidade de Deus é máis forte ca toda a fortaleza dos homes.
26
E, se non, irmáns, reparade en quen sodes os chamados: entre vós, mirando as cousas con criterios deste mundo, non hai moitos sabios, nin moitos poderosos, nin moitos da nobreza.
27
O contrario, o que hai de parvo no mundo, iso foi escoller Deus para desconcertar os sabios; e o que hai de débil no mundo, iso foi escoller Deus para desconcertar o poder;
28
o plebeo e mais o desprezado, iso foi escoller Deus: o que non é, para anular o que é;
29
de xeito que ningún mortal poida campar diante de Deus.
30
Por El é por quen existides vós en Cristo Xesús, quen se fixo para nós a sabedoría e mais a xustiza, a santificación e mais a redención que veñen de Deus.
31
E así, como está escrito, "quen está orgulloso, que o estea do Señor".
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16