bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 7
1 Corinthians 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 8 →
1
E agora falemos do que me escribistes. Ben lle está ó home non tocar muller;
2
pero, para evitar a fornicación, que cada home teña a súa muller, e que cada muller teña o seu home.
3
Que o home cumpra coa súa muller, e o mesmo a muller co seu home.
4
A muller non é a dona do seu corpo, éo o home; e do mesmo xeito, o home non é o dono do seu corpo, éo a muller.
5
Non vos privedes un ó outro, a non ser de común acordo por algún tempo, a fin de terdes vagar para a oración; despois volvede ó mesmo, para que non vos tente Satán por culpa da vosa incontinencia.
6
Isto que vos digo é unha concesión, non un precepto.
7
Eu ben quixera que todos os homes fosen coma min; pero cada un recibe de Deus a súa graza particular: uns dun xeito, outros doutro.
8
Os solteiros e ás viúvas dígolles que lles era ben quedaren coma min.
9
Pero, se non aguantan, que casen, que máis vale casar que abrasarse.
10
Os casados dígolles non eu, senón o Señor: que a muller non se separe do seu home.
11
En caso de que chegue a separarse, ou que siga sen casar ou que se poña a ben co home. E que o home non repudie á súa muller.
12
Os outros dígolles eu, non o Señor: se un irmán ten unha muller que non cre, pero que consente en vivir con el, que non a bote.
13
E se unha muller ten un home que non cre, pero que consente en vivir con ela, que non o bote.
14
Pois o home que non cre queda santificado pola súa muller; e a muller que non cre queda santificada polo marido crente. Se non fose así, os vosos fillos serían impuros, cando a verdade é que son santos.
15
Pero, se o non crente se quere separar, que se separe. En tal caso o irmán ou a irmá non quedan escravizados: Deus chamouvos para vivirdes en paz.
16
Porque que sabes ti, muller, se vas salvar a ese home? Ou que sabes, ti, home, se vas salvar a esa muller?
17
Fóra disto, que cadaquén viva conforme o Señor lle asignou, no estado en que Deus o chamou. Tal é o que dispoño en todas as igrexas.
18
Que a chamada o colleu circuncidado? Non o disimule. Que a chamada o colleu incircunciso? Non se circuncide.
19
Nada vale a circuncisión, nada vale a incircuncisión: o que vale é cumprir os mandamentos.
20
Que cadaquén siga no estado en que o chamaron.
21
Que te chamaron sendo escravo? Non teñas pena. E, aínda que puideses facerte libre, mellor aproveita a túa condición.
22
Porque aquel a quen sendo escravo chamou o Señor, é liberto do Señor. Igualmente, aquel a quen chamou sendo libre, é escravo de Cristo.
23
Mercáronvos a bo prezo: non vos fagades escravos dos homes.
24
Irmáns, que cadaquén siga ante Deus no estado en que o chamaron.
25
Polo que toca ós non casados non teño orde do Señor, pero dou un parecer coma persoa que, pola misericordia de Deus, é digna de creto.
26
Coido eu que, por culpa da calamidade presente, é ben que cadaquén quede como está.
27
Que estás ligado a unha muller? Non teimes por librarte. Que non estás ligado a muller? Non busques muller.
28
Non obstante, aínda que cases, non pecas; e, aínda que case unha moza, tampouco peca. Pero os que casen terán tribulacións na carne, e eu quixera librarvos delas.
29
O que vos digo, irmáns, é que o tempo é contado. O que importa, é que os que teñen muller vivan coma se non a tivesen;
30
os que choran, coma se non chorasen; os que están alegres coma se non se alegrasen; os que comercian, coma se non tivesen nada;
31
os que gozan no mundo, coma se non gozasen. Porque o mundo, na súa configuración actual, está a pasar.
32
Eu quixera vervos libres de preocupacións. O non casado preocúpase das cousas do Señor, da maneira de lle agradar.
33
Pero o casado preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar á muller;
34
e así está repartido. A muller non casada, o mesmo cá rapaza solteira, preocúpanse das cousas do Señor, procurando seren santas de corpo e alma. Pero a casada preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar ó seu home.
35
Dígovos isto polo voso propio interese, non para vos amarrar botándovos un lazo; ó contrario, para vos guiar no que é honesto e leva sen divisións ó Señor.
36
Pero se alguén se encontra en dificultade respecto da súa noiva, porque está moi apaixonado e xa non pode aguantar, que faga o que queira: non peca, que casen.
37
Pola contra, quen está firme no seu corazón e non sente unha compulsión irresistible, senón que permanece dono da súa vontade: se se decidiu no seu interior a respectar a súa noiva, fai moi ben.
38
De maneira que quen casa coa súa noiva obra ben e o que non casa obrará aínda mellor.
39
A muller está ligada ó seu home mentres el viva. Pero, se o home morre, queda libre para casar con quen ela queira, sempre que sexa cun cristián.
40
Non obstante será máis feliz, se se deixa estar así. Ese é o meu parecer e paréceme que tamén eu teño o Espírito de Deus.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16