bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 9
1 Corinthians 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 10 →
1
Non son eu libre? Non son apóstolo? Logo non vin a Xesús, o noso Señor? Non sodes vós a miña obra no Señor?
2
Se para outros non son eu apóstolo, para vós si que o son; pois vós sodes, no Señor, o selo do meu apostolado.
3
Esta é a miña defensa contra os que me demandan:
4
Acaso non temos dereito a comer e beber?
5
Non temos dereito a levar connosco unha muller irmá, o mesmo cós demais apóstolos e os irmáns do Señor e Pedro?
6
Ou é que soamente eu e mais Bernabé carecemos do dereito de non traballar?
7
Quen foi algún día á guerra gastando do seu? Quen planta unha viña e non come o seu froito? Quen coida un rabaño e non se alimenta do seu leite?
8
Ou estou falando con criterios humanos? Non di tamén a Lei iso mesmo?
9
Pois é precisamente na Lei de Moisés onde está escrito: Non lle poñas o bozo ó boi que malla. Impórtanlle acaso os bois a Deus?
10
Ou non está ben claro que o di por nós? Sen dúbida está escrito por nós, pois quen labra precisa labrar con esperanza e tamén o que malla: coa esperanza de levar a súa parte.
11
Se nós sementamos en vós os bens espirituais, é moito que fagamos colleita nos vosos bens materiais?
12
Se outros teñen tal dereito sobre vós, non temos nós máis? Pero nós nunca nos aproveitamos dese dereito. O contrario, aturamos todo para non lle poñer ningún tropezo ó Evanxeo de Cristo.
13
Non sabedes que os que celebran o culto viven do templo, e que os que serven no altar teñen parte nel?
14
Do mesmo xeito, o Señor prescribiulles ós que anuncian o Evanxeo que vivan do Evanxeo.
15
Pero eu non me aproveitei de nada diso. Nin escribo estas cousas para aproveitarme agora: mellor morrer que... Non, a miña gloria ninguén ma tirará.
16
Porque o mero feito de predicar o Evanxeo non é para min gloria ningunha: é unha necesidade que teño enriba de min. Pobre de min se non predico o Evanxeo!
17
Pois así: se fago isto polo meu gusto, xa teño premio; pero, se o fago a contragusto, é un simple cargo que estou obrigado a administrar.
18
Onde está, logo, o meu premio? En que, cando predico o Evanxeo, fágoo gratuitamente, renunciando ós dereitos que este Evanxeo me confire.
19
Pois, sendo como son libre con respecto a todos, de todos me fixen escravo para gañar os máis posibles.
20
Fíxenme xudeu cos xudeus, para gañar os xudeus; suxeito a Lei cos que están baixo a Lei eu que non o estou, para gañar os que están baixo a Lei.
21
Cos que están sen a lei, fíxenme coma sen lei non estando eu sen a Lei de Deus, tendo como teño a Lei de Cristo para gañar os sen lei.
22
Cos débiles fíxenme débil, para gañar os débiles. Fíxenme todo con todos, para salvar algúns a toda costa.
23
Todo o fago polo Evanxeo, para ter algunha parte nel.
24
Non sabedes que os corredores no estadio, corren todos, pero soamente un leva o premio? Correde, logo, de maneira que levedes premio.
25
Todos os que compiten impóñense unha disciplina total; iso que eles é para conseguiren unha coroa perecedoira; nós en cambio, unha imperecedoira.
26
Eu, pola miña parte, corro, pero non ó que saia; loito, pero non dando golpes ó aire.
27
O contrario, castigo duramente o meu corpo e trátoo coma un escravo: non vaia suceder que despois de lles predicar ós outros, quede eu descualificado.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16