bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 16
1 Corinthians 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
1
En canto á colecta a prol dos irmáns, facede o mesmo que dispuxen para as igrexas da Galacia.
2
Que o primeiro día da semana cada un de vós vaia xuntando na súa casa o que poida aforrar, para que non haxa que facer a colecta cando vaia eu.
3
E, cando chegue, mandarei a quen vós elixades, con cartas, para levaren a vosa caridade a Xerusalén.
4
No caso de que pague a pena que vaia tamén eu, irían comigo.
5
Irei onda vós, cando atravese Macedonia, pois pola Macedonia teño que cruzar.
6
Pero convosco quizais me deteña, e se cadra, aínda paso o inverno, a fin de que vós me preparedes a viaxe para onde vaia.
7
Porque esta vez non quero vervos só de paso: espero quedar algún tempo convosco, se o Señor o permite.
8
Deica Pentecoste permanecerei en Éfeso,
9
pois ábreseme alí unha porta grande e prometedora e son moitos os adversarios.
10
Se chega por aí Timoteo, mirade que non se sinta acovardado entre vós, pois traballa coma min na obra do Señor.
11
Que ninguén mo desprece. Arranxádelle a viaxe para que veña en paz onda min, porque estou á espera del cos irmáns.
12
En canto ó irmán Apolo teimei moito nel para que fose onda vós cos irmáns; pero agora non quixo ir de maneira ningunha: irá cando se lle presente unha boa ocasión.
13
Vixiade, afincádevos na fe, sede homes, sede rexos.
14
Que todo o que fagades sexa con amor.
15
Unha recomendación, irmáns: ben sabedes que a casa de Estevo é a primicia da Acaia, e que todos eles se puxeron ó servizo dos irmáns.
16
Poñédevos tamén vós á súa disposición e á de todo o que colabore e traballe con eles.
17
Estou moi alegre coa visita de Estevo, de Fortunato e de Acaico, pois eles enchéronme a vosa ausencia:
18
tranquilizaron o meu espírito e mais o voso. Apreciade, logo, a homes coma eles.
19
Mándanvos recordos as igrexas de Asia. Mándanvos un caloroso saúdo cristián Aquila e Prisca e mais a asemblea que se xunta na casa deles.
20
Saúdanvos todos os irmáns. Saudádevos uns a outros co ósculo litúrxico.
21
Este saúdo é da miña propia man, Paulo.
22
Se algún non ama ó Señor, botádeo fóra. Marana ta.
23
A graza do Señor Xesús sexa convosco.
24
O meu amor está con todos vós en Cristo Xesús.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16