bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 12
1 Corinthians 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 13 →
1
Acerca dos dons espirituais non quero, irmáns, que esteades na ignorancia.
2
Ben sabedes que cando erades pagáns, sentiádesvos arrebatados á forza cara ós ídolos mudos.
3
Por iso declárovos que ninguén que diga "Renegado sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e que ninguén é capaz a dicir "Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo.
4
Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito.
5
Hai diversidade de servizos, pero un mesmo Señor.
6
Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo en todos.
7
A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común.
8
A un o Espírito dálle palabra de sabedoría; a outro dálle palabra de ciencia o mesmo Espírito;
9
A aqueloutro o mesmo Espírito concédelle fe.
10
A un este mesmo Espírito dálle o don de curacións; a outro, o don de facer milagres; a outro, o don da profecía; a outro, discernimento de espíritos. A un, don de falar distintas linguas; a outro, o saber interpretar esas linguas.
11
Pero todo isto é un e o mesmo Espírito quen o realiza, repartindo a cada un en particular, como a El lle parece.
12
Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo.
13
Porque a todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.
14
Pois ben, o corpo non está formado por un único membro senón por moitos.
15
Se o pé dixer: "como non son man, eu non son do corpo", non por iso deixaba de ser do corpo.
16
E se o oído dixer: "como non son ollo, eu non son do corpo", non por iso deixaba de ser do corpo.
17
Se todo o corpo for ollo, onde estaría o oído? Se for todo oído, onde estaría o ulido?
18
Ora, foi Deus quen puxo os membros, colocando cada un deles no corpo coma El quixo.
19
Se todo for un único membro, onde estaría o corpo?
20
En realidade, hai moitos membros, pero un corpo só.
21
O ollo non lle pode dicir á man: "Non preciso de ti", nin a cabeza ós pés: "non preciso de vós".
22
Todo o contrario: os membros do corpo que parecen máis débiles son os máis necesarios;
23
e os que temos por menos decorosos, cubrímolos con máis decoro; e os menos honestos tratámolos con máis recato;
24
cousa que non precisan os honestos. Deus dispuxo o corpo, dándolle máis honor ó máis privado del,
25
para que non haxa discordia no corpo; senón que, ó revés, os membros se preocupen por igual uns dos outros.
26
E así, cando padece un membro, todos padecen con el; cando a un membro o tratan ben, todos se alegran con el.
27
Ben, pois vós sodes corpo de Cristo e tamén membros, cada un pola súa parte.
28
Na Igrexa dispuxo Deus primeiro apóstolos, logo profetas, en terceiro lugar mestres. Despois os que teñen poder de facer milagres; finalmente os que teñen don de curacións, de asistencia, de goberno, de falar distintas linguas.
29
Ou é que todos son apóstolos? Todos son profetas? Todos son mestres? Todos fan milagres?
30
Todos teñen o don de curar? Todos falan en moitas linguas? Todos saben interpretar?
31
De todos modos, cobizade os carismas mellores. Pero, ademais aínda vos vou mostrar o camiño por excelencia.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16