bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 8
1 Corinthians 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 9 →
1
No que toca ás carnes inmoladas ós ídolos, é ben sabido que todos temos coñecemento. Pero o coñecemento incha, mentres que a caridade é construtiva.
2
Se alguén cre que xa coñece algo, aínda non coñece como hai que coñecer.
3
En troques, se alguén ama a Deus, Deus coñéceo a el.
4
Así que verbo de comer as carnes sacrificadas ós ídolos, sabemos que ningún ídolo existe de verdade no mundo, nin deus ningún fóra do Único.
5
Porque, aínda que haxa moitos deuses de nome, tanto no ceo coma na terra e hai efectivamente moitos deuses e moitos señores,
6
para nós non hai máis ca un só Deus, o Pai, de quen todo procede e para quen nós estamos feitos; nin hai máis ca un só Señor, Xesús Cristo, por quen todo existe e por quen existimos nós mesmos.
7
Pero non todos teñen este coñecemento. Algúns, por estaren afeitos ata agora á mentalidade idolátrica, comen esa carne coma se fose sagrada; entón, a súa conciencia, por non estar segura, quédalles lixada.
8
Desde logo, non é a comida o que nos achega a Deus: non imos ser menos por non comer, nin por comer imos ser máis.
9
Pero tede coidado de que esa liberdade vosa non sexa tropezo para os débiles.
10
Porque, se alguén te ve a ti, que tes coñecemento, sentado á mesa nun templo idolátrico, non é certo que, a quen non está aínda seguro, o vai tentar a conciencia a comer o sacrificado ós ídolos?
11
Así, polo teu coñecemento pérdese o débil, ese irmán por quen morreu Cristo.
12
Dese xeito, pecando contra os irmáns e ferindo a súa débil conciencia, pecades contra Cristo.
13
Por iso, se unha comida escandaliza a un irmán meu, endexamais non probarei a carne, para non escandalizar a meu irmán.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16