bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 2
1 Corinthians 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 3 →
1
En canto a min, irmáns, cando cheguei onda vós, non cheguei exhibindo elocuencia nin saber para anunciarvos o misterio de Deus.
2
Nada pretendín saber entre vós fóra de Xesús Cristo; e Cristo crucificado.
3
E eu presenteime diante vosa cunha sensación de impotencia e tremendo de medo;
4
e a miña palabra e mais a miña predicación non se apoiaban en argumentos persuasivos e sabios, senón que constituían unha demostración do poder do Espírito:
5
todo para que a vosa fe non se apoie na sabedoría dos homes, senón no poder de Deus.
6
E, mesmo así, o que predicamos entre os perfectos é sabedoría, pero non sabedoría deste mundo nin dos xefes perecedoiros deste mundo.
7
Nós predicamos unha sabedoría de Deus, misteriosa, que permanecía gardada, que Deus tiña predestinada desde antes dos séculos para a nosa gloria.
8
Ningún dos xefes príncipes deste mundo a coñeceu; pois se a coñecesen, non crucificaban o Señor da Gloria.
9
Pero como está escrito: O que o ollo non viu, o que o oído non sentiu, e o que non pasou pola mente do home: iso preparou Deus para os que o aman.
10
E a nós revelóunolo Deus polo Espírito; pois o Espírito esculca todo, mesmo as profundidades de Deus,
11
porque que home coñece o que hai no home, se non é o espírito do home que está nel? Pois igual, o que hai en Deus ninguén o coñece, se non é o Espírito de Deus.
12
Ora, nós non recibimos o espírito do mundo, senón o Espírito que procede de Deus, a fin de que coñezamos todo o que Deus nos outorgou pola súa graza.
13
E iso é o que tamén predicamos, non con palabras aprendidas de humana sabedoría, senón con palabras aprendidas do Espírito, explicando con verbas espirituais as realidades espirituais.
14
O home "animal" non acolle o que é propio do Espírito de Deus, pois parécelle unha parvada; nin o pode coñecer, porque disto só se pode xulgar espiritualmente.
15
Pola contra, o home "espiritual" xulga de todo, mentres que a el non o xulga ninguén.
16
Porque quen coñeceu o pensamento do Señor, como para se poñer a darlle leccións? Pero nós temos o Espírito de Cristo.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16