bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 11
1 Corinthians 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 12 →
1
Procurade imitarme a min, como eu imito a Cristo.
2
Felicítovos por vos lembrar de min en todo, e por manterdes as tradicións tal como volas entreguei.
3
Pero quero que saibades que a cabeza de todo home é Cristo, que a cabeza da muller é o home, e que a cabeza de Cristo é Deus.
4
Todo home que reza ou profetiza coa cabeza cuberta deshonra a súa cabeza.
5
E toda muller que reza ou profetiza coa cabeza descuberta deshonra a súa cabeza, pois é talmente igual coma se estivese rapada.
6
Logo, se unha muller non se cobre, que se rape. Pero, se é unha deshonra para a muller cortar o pelo ou raparse, que se cubra.
7
O home non necesita, xa que logo, cubrir a cabeza, sendo como é a imaxe e reflexo de Deus. Mais a muller é o reflexo do home.
8
Porque o home non procede da muller, senón a muller do home.
9
Nin se creou o home para a muller, senón a muller para o home.
10
Por iso debe a muller levar na cabeza un sinal de submisión, por mor dos anxos.
11
(Aínda que polo demais, no Señor nin a muller existe sen o home nin existe o home sen a muller;
12
pois do mesmo xeito que a muller vén do home, o home vén por medio da muller; e todo vén de Deus).
13
Xulgade por vós mesmos: é decente que a muller rece a Deus coa cabeza descuberta?
14
Non vos ensina a mesma natureza que é unha deshonra para o home deixar medrar o pelo;
15
e que, pola contra, cámpalle á muller o pelo longo? Pois a ela as guedellas déronselle coma pano da cabeza.
16
Ademais, se alguén ten gana de discusións, saiba que non temos tal costume, nin tampouco as igrexas de Deus.
17
O facervos estas recomendacións, non podo aplaudir o feito de que as vosas reunións produzan máis mal ca ben.
18
O primeiro que oio é que cando vos xuntades en asemblea hai divisións entre vós e, en parte, créoo.
19
Pois é necesario que haxa bandos entre vós, para que se vexa quen entre vós é honesto.
20
Deste xeito, cando vos xuntades en común, iso xa non é comer a Cea do Señor.
21
O poñervos a comer, cada un agárrase á súa propia comida e uns pasan fame mentres os outros se emborrachan.
22
Seica non tedes casas para comer e para beber? Ou é que queredes desprezar a Igrexa de Deus e avergonzar ós que non teñen? Que vos vou dicir? Vouvos felicitar? Non, nisto non vos felicito.
23
Porque eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan
24
e, despois de dar grazas, partiuno e dixo: "Isto é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en lembranza miña".
25
Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: "Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en lembranza miña".
26
Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciades a morte do Señor, ata que El volva.
27
De maneira que quen coma o pan ou beba a copa do Señor indignamente, terá que responder do corpo e do sangue do Señor.
28
Examínese cadaquén a si mesmo antes de comer o pan e de beber a copa.
29
Porque quen sen recoñecer o Corpo come e bebe, come e bebe a súa propia condenación.
30
Que por iso hai entre vós moitos achacosos e enfermos e mortos abondo.
31
Se nos examinásemos nós, non nos xulgaría ninguén.
32
Aínda que, se nos xulga o Señor, é para educarnos, para que non nos condenemos co mundo.
33
Pois logo, meus irmáns, cando vos xuntedes para comer, atendédevos uns a outros.
34
Se algún ten fame, que coma na casa, de modo que non vos xuntedes para condenación. O resto xa o arranxarei cando chegue.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16