bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Corinthians 5
1 Corinthians 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 6 →
1
Non se oe falar doutra cousa que da indecencia que hai entre vós; e dunha indecencia tal, que nin entre os pagáns se viu cousa coma ela. Pois chega a darse o caso de que un vive coa muller de seu pai.
2
E vós tan fachendosos, en lugar de poñervos de loito, para que desapareza do medio de vós quen tal cousa fai!
3
Pois eu, fisicamente ausente pero presente en espírito, xa tomei unha decisión sobre o que tal fixo, coma se estivese aí:
4
que xuntándonos no nome do noso Señor Xesús vós en persoa e eu en espírito, co poder do noso Señor Xesús,
5
entreguemos a ese tal a Satán: humanamente quedará esnaquizado, pero o seu "espírito" salvarase o Día do Señor.
6
Non está ben a vosa fachenda. Non sabedes que un pouco de fermento leveda a masa toda?
7
Purificádevos do vello fermento, para serdes unha masa nova, coma pans ácimos que sodes. Pois o noso año pascual, Cristo, xa foi inmolado.
8
Fagamos, logo, a festa pero non con fermento vello nin con fermento de malicia e perversidade, senón con pan ácimo de pureza e de verdade.
9
Escribinvos na outra carta que non vos levarades cos indecentes;
10
pero non me refería ós indecentes deste mundo, así sen máis, nin ós avaros ou ós ladróns ou ós idólatras, porque dese xeito tiñades que saír do mundo.
11
O que entón vos escribía foi que non vos levarades con aquel que ostentando o nome de irmán, sexa indecente ou avaro ou idólatra ou faltón ou borracho ou ladrón. Cun home así, nin sentar a comer.
12
Por que vou xulgar eu os de fóra? Non é os de dentro a quen vós xulgades?
13
Os de fóra é Deus quen os xulga. Botádeme o perverso do medio de vós.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16