bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 1
2 Corinthians 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 2 →
1
Paulo, apóstolo de Xesús Cristo por designio de Deus, e o irmán Timoteo, á Igrexa de Deus que está en Corinto e a todos os cristiáns da Acaia enteira deséxovos a
2
graza e a paz de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.
3
Bendito sexa Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo, Pai misericordioso e Deus de toda consolación!
4
El anímanos en todas as nosas mágoas, de xeito que poidamos nós animar os outros en calquera aflición, no consolo que recibimos de Deus.
5
Pois, do mesmo modo que rebordan en nós os sufrimentos de Cristo, tamén grazas a Cristo reborda igualmente o noso ánimo.
6
Se pasamos apertos, é para que vós teñades ánimo e vos salvedes; se estamos animados, é para que vós teñades ánimo e aturedes con paciencia os mesmos sufrimentos que padecemos nós.
7
Sodes para nós motivo de firme esperanza porque sabemos que, se sodes participantes nas mágoas, tamén o seredes no ánimo.
8
Non queremos que descoñezades, irmáns, as tribulacións que pasamos en Asia, cargados por riba das nosas forzas, ata perder a esperanza de saírmos con vida.
9
Porque tivemos sobre nós a sentencia de morte. Así aprendemos a non poñermos a confianza en nós senón en Deus, que resucita os mortos.
10
El foi quen nos librou de tan evidente perigo de morte e hanos de seguir librando confiamos nel, que nos librará no futuro,
11
se colaborades tamén vós coa vosa oración en favor noso. Así, a graza conseguida pola intercesión de moitos fará tamén que moitos dean grazas por cousa nosa.
12
O noso orgullo é o testemuño da nosa conciencia, de nos comportar no mundo e non digamos convosco, coa santidade e transparencia de Deus, non con sabedoría humana senón por graza de Deus.
13
Porque non vos escribimos outra cousa do que ledes e entendedes. Espero que comprendades de vez,
14
xa que nos entendestes en parte, que somos o motivo da vosa honra, como vós o ides ser para nós, o día do noso Señor Xesús.
15
Precisamente con esta confianza propúñame comezar eu por visitarvos, para que tivésedes un dobre regalo:
16
pensaba ir a Macedonia pasando por onda vós, e de Macedonia ir outra vez onda vós, para me arranxardes a viaxe a Xudea.
17
Actuei con lixeireza cando programei así? Ou é que eu fago os meus plans con miras humanas, de xeito que non quede ben claro en min o si coma un si e o non coma un non?
18
Ben sabe Deus que, cando trato convosco, non hai si e non,
19
porque o Fillo de Deus, Cristo Xesús, que nós vos anunciamos —Silván, Timoteo e mais eu—, non foi si e non; nel non houbo máis ca si:
20
todas as promesas de Deus encontraron nel o si; velaí o porqué de respondermos "amén" por el cando damos gloria a Deus.
21
O que nos mantén firmes —a min e a vós— na adhesión a Cristo é Deus, que nos unxiu para si,
22
que tamén nos marcou co seu selo e infundiu nos nosos corazóns a garantía do seu Espírito.
23
Pola miña parte, poño a Deus por testemuña (e que me quite a vida se vos minto) que, se aínda non volvín a Corinto, foi por consideración convosco.
24
Non é que a vosa fe dependa de min; pero son colaborador da vosa alegría, pois, de certo, estades seguros na fe.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13