bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 9
2 Corinthians 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 10 →
1
Escuso escribirvos máis sobre esta colecta en favor dos outros cristiáns.
2
Coñezo a vosa boa disposición, da que me gabo diante dos macedonios, para a vosa honra, dicíndolles que Acaia ten feitos todos os preparativos xa desde o ano pasado, e que a vosa ansia estimulou a moitos máis.
3
Con todo, mándovos os irmáns, para que o noso orgullo por vós non sexa desmentido nese particular senón que, como dicía, esteades preparados.
4
Non sexa que, se os macedonios que vaian comigo vos atopan sen preparar, nós e non digamos vós, quedemos mal, por termos esa confianza.
5
Por iso pareceume necesario pedirlles ós irmáns que fosen indo diante onda vós, para que teñan preparado de antemán o xeneroso donativo que prometestes, pois no caso de estar listo, será expresión de xenerosidade, e non de mesquindade.
6
Lembrade aquilo: quen sementa con mesquindade, tamén con mesquindade recolle; e quen sementa con xenerosidade, tamén con xenerosidade recolle.
7
Que cadaquén dea segundo o que teña decidido no corazón, non contra gusto nin por compromiso, que Deus ama ó que dá con alegría.
8
Deus, pode, de certo, darvos con largueza toda clase de grazas, de xeito que, tendo sempre en todo o suficiente, aínda vos sobre para todo tipo de boas obras,
9
pois está escrito: reparte esmola ós pobres, a súa xustiza permanece para sempre.
10
O que fornece a semente ó sementador e proporciona pan para a comida, ha multiplicar tamén a vosa sementeira e fará medrar o froito da vosa xustiza.
11
Seredes ricos en todo, para poderdes facer todo tipo de caridades, que producirán por medio de nós gratitude a Deus.
12
Porque a prestación desta axuda non só dá remedio ás necesidades dos outros cristiáns, senón que fai ademais que moitos non cansen de darlle grazas a Deus.
13
Pola comprobación deste servizo loarán a Deus pola vosa obediencia ó profesar o Evanxeo de Cristo e pola expresión xenerosa da vosa solidariedade con eles e con todos.
14
E, cando recen por vós, manifestarán a benquerenza que vos teñen, pola desbordante graza de Deus en favor voso.
15
Grazas sexan dadas a Deus, polo sublime regalo que nos deu.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13