bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 5
2 Corinthians 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 6 →
1
Sabemos que, se a nosa morada terrestre que vén ser coma unha cabana, se derrubase, contamos cunha edificación de Deus, unha casa eterna no ceo, non feita por mans de homes.
2
Por iso xememos na cabana actual, coa arela de vestirmos a morada celeste,
3
pois así atoparémonos vestidos, non espidos.
4
Os que vivimos nesta cabana, xememos oprimidos, porque non queremos quitar o que temos posto, senón poñer outra roupa por riba, de xeito que o mortal quedase absorbido pola vida.
5
Quen nos dispuxo para isto foi Deus, que nos deu como garantía o Espírito.
6
Así que estamos sempre cheos de ánimo por sabermos que, mentres o corpo sexa o noso domicilio, vivimos coma desterrados lonxe do Señor,
7
e seguimos camiñando guiados pola fe, non polo que se ve.
8
E con este ánimo, preferimos desterrarnos do corpo e habitar a carón do Señor.
9
En todo caso, ora continuemos neste domicilio ora nos afastemos del, arelamos agradarlle.
10
Porque todos teremos que comparecer tal como somos perante o tribunal de Cristo, para que cada un recolla o seu merecido polo que teña feito mentres vivía no corpo: ben ou mal.
11
Por iso, sabendo o respecto que se lle debe ó Señor, procuramos convencer ós homes, e xa que para Deus somos transparentes, confío en que tamén o sexamos ante as vosas conciencias.
12
Non queremos outra vez recomendarnos diante de vós: só darvos a oportunidade de presumir de nós, de modo que teñades resposta para os que presumen das aparencias e non do corazón.
13
Se perdemos o siso, foi por Deus; e, se agora estamos cordos, é por vós.
14
É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó morrer un por todos, morreron todos;
15
el morreu por todos, a fin de que os que viven xa non vivan para si, senón para o que morreu e resucitou por eles.
16
Por iso, nós xa non apreciamos a ninguén conforme a criterios mundanos; aínda que teñamos coñecido a Cristo conforme a eses criterios, agora xa non o coñecemos así.
17
Polo tanto, quen estea en Cristo, é unha criatura nova: o que era vello, pasou. Vedes? Hai unha realidade nova.
18
E todo iso provén de Deus que nos reconciliou consigo por medio de Cristo e nos encomendou o servizo da reconciliación.
19
Pois Deus estaba en Cristo reconciliando o mundo consigo, non levando conta dos delitos dos homes e poñendo en nós a mensaxe da reconciliación.
20
Somos, logo, embaixadores de Cristo; e é coma se Deus vos exhortase por medio noso. Pedímosvolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus.
21
A aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, grazas a el, nos volvésemos nel xustiza de Deus.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13