bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 6
2 Corinthians 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 7 →
1
Coma colaboradores seus, exhortámosvos a non desaproveitar a graza de Deus.
2
Pois di El: no tempo oportuno, escoiteite; en día de salvación acudinche. Pois agora é tempo oportuno, agora é día de salvación.
3
Nunca damos motivo de escándalo en nada, para que o noso ofrecemento non se poida censurar.
4
O contrario, acreditámonos decote coma servidores de Deus con tanto como sufrimos: tribulacións, adversidades, angustias,
5
golpes, prisións, tumultos, angueiras, noites en vela, días sen comer;
6
Actuando con limpeza, con siso, con paciencia, con bondade, coa guía do Espírito Santo; con amor sincero,
7
coa mensaxe da verdade e a forza de Deus; empuñando na dereita e na esquerda as armas da honradez,
8
tanto na honra coma na afronta, tanto na boa coma na mala sona. Pasamos por falsarios, e mais dicimos a verdade;
9
pasamos por descoñecidos, e ben que se nos coñece; pasamos por moribundos, e mais ben vivos que estamos; pasamos por destinados ó castigo, e mais nunca non nos executaron;
10
pasamos por xente triste, e ben alegres que estamos sempre; pasamos por pobres, e mais enriquecemos a moitos; pasamos por xente que non ten nada, e mais témolo todo.
11
Falámosvos francamente, corintios; abrímosvos de todo o noso corazón.
12
Non é dentro de nós onde estades apertados; é, máis ben, nas vosas entrañas.
13
Pois correspondede vosoutros agora: xa que vos falo coma a fillos, sede sinceros tamén vós.
14
Nos vos xungades en parella desigual cos infieis. Que ten que ver a rectitude coa maldade? Ou é que poden andar xuntas luz e escuridade?
15
Que sintonía pode haber entre Cristo e Beliar? Pode o crente ser parceiro do infiel?
16
Que consenso pode haber entre o templo de Deus e mais os ídolos? Nós somos templo de Deus vivo; así o dixo Deus: hei vivir e camiñar con eles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.
17
Por iso di o Señor: saíde do medio desa xente, afastádevos, non toquedes o que é impuro, e eu acollereivos.
18
Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas, di o Señor que todo o sostén.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13