bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 4
2 Corinthians 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 5 →
1
Por iso exercendo este servizo pola misericordia de Deus, non nos apoucamos;
2
máis ben puxemos á parte todo tipo de simulación, deixándonos de intrigas e evitando falsear a palabra de Deus. Ben ó contrario, manifestando a verdade, recomendámonos nós mesmos á conciencia que todo home ten diante de Deus.
3
Se o noso Evanxeo continúa velado, é para aqueles que se perden:
4
pola súa incredulidade o deus deste mundo cegoulles o entendemento para que non vexan o esplendor do Evanxeo da gloria de Cristo, que é imaxe de Deus.
5
Porque nós non nos anunciamos a nós, anunciamos a Xesús Cristo como Señor; e a nós, coma servos vosos por causa de Xesús.
6
Pois o Deus que dixo brille a luz no medio das tebras, alumeou nos nosos corazóns, para que se manifestase o coñecemento da gloria de Deus no rostro de Cristo.
7
Mais levamos ese tesouro en vasos de barro. E así esa forza tan extraordinaria aparece coma forza de Deus, e non nosa.
8
Apértannos por todas partes, mais non nos esmagan; andamos en apuros mais non desesperados;
9
Andamos perseguidos pero non abandonados; derrúbannos pero non nos rematan.
10
Por todas partes levamos no noso corpo a morte de Xesús, para que a vida de Xesús se manifeste tamén no noso corpo.
11
Porque a nós, estando vivos, entrégannos decote á morte por causa de Xesús, para que tamén a vida de Xesús se manifeste na nosa carne mortal.
12
E así a morte actúa en nós, e a vida en vós.
13
Mantendo, con todo, o mesmo espírito de fe, segundo o que está escrito creo e por iso falo, tamén nós cremos e por iso falamos.
14
Porque sabemos que Aquel que resucitou a Xesús nos ha resucitar tamén a nós con Xesús e nos ha colocar convosco onda el.
15
Todo isto acontece por causa vosa, de modo que, ó estenderse a graza, se multiplique o número dos agradecidos, para gloria de Deus.
16
Por iso non nos apoucamos: aínda que o noso exterior vai esmorecendo, o interior, todo o contrario: renóvase de días a días.
17
Os sufrimentos transitorios e leves prepárannos unha inmensa carga de gloria eterna por riba de toda medida.
18
Non poñemos as nosas olladas nas cousas que se ven, senón nas que non se ven; porque as que se ven son efémeras, mentres que as que non se ven son eternas.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13