bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 10
2 Corinthians 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 11 →
1
Eu, Paulo en persoa, pídovos isto, pola paciencia e benignidade de Cristo: eu, que na vosa presenza parezo coitado pero que, ausente, son ousado convosco.
2
Pídovos que, cando vaia, non teña que poñerme atrevido coa firmeza que creo deber usar con algúns que nos acusan de camiñar con miras humanas.
3
Aínda que camiñamos coma homes, non actuamos movidos por miras humanas.
4
Porque as armas do noso combate non son terreais: son poderes de Deus, capaces de abater fortalezas; destruímos sofismas
5
e toda altivez que se ergue contra o coñecemento de Deus; encadeamos todo pensamento á obediencia, someténdoo a Cristo;
6
e estamos prontos a vingar toda rebeldía, unha vez que a vosa submisión sexa cumprida.
7
Mirade ben! O que estea convencido de ser de Cristo, que teña en conta tamén que nós somos tan de Cristo coma el.
8
E, aínda que teña que alardear un pouco de máis da nosa autoridade (que o Señor nos concedeu para edificación e non para destrución vosa), non me hei avergonzar;
9
Así non darei a impresión de querervos amedrentar coas cartas.
10
Porque algúns din: "por carta é duro e enérxico pero en persoa é coitado e non fala ben".
11
Pense ese tal que, como somos de palabra nas cartas estando ausentes, así imos ser de obra cando esteamos presentes.
12
Xa non nos atrevemos a equipararnos ou a compararnos con algúns deses que tanto se chufan. Pero a eses, con tanto se poñeren de modelos de si mesmos e con tanto se compararen consigo mesmos, xa non lles goberna a cabeza.
13
Pola nosa parte, non nos queremos gabar de máis, senón conforme a medida que estableceu Deus para nós; a medida de chegar ata vós.
14
Non é coma se non chegásemos a vós e tivésemos que nos estirar, pois fomos os primeiros en chegar a vós co Evanxeo de Cristo.
15
Nin nos gloriamos de máis nin nos gloriamos á conta de traballos alleos; pero tiñamos a esperanza de que, segundo se ía espallando a fe entre vós, iámonos multiplicar máis e máis, conforme a nosa idea,
16
para levar o Evanxeo alén dos vosos eidos, sen presumir do traballo alleo meténdonos en terreo xa cultivado.
17
O que presume, que presuma do Señor,
18
porque non queda aprobado o que se pon el unha alta cualificación, senón aquel a quen lla pon o Señor.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13