bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 13
2 Corinthians 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
1
Vou ir por terceira vez onda vós. Todo asunto resolverase baseándose na palabra de dúas ou tres testemuñas.
2
Xa antes volo dixen, cando estiven entre vós a segunda vez e repítovolo con tempo agora que estou ausente ós antigos pecadores e ós demais todos: cando vaia aí outra vez, non vou andar con miramentos.
3
Será a proba que buscades de que fala por min Cristo, que non é débil convosco, senón que demostra o seu poder entre vós.
4
A el crucificárono pola súa febleza pero agora vive polo poder de Deus. E nós, que compartimos a súa debilidade, viviremos con el polo poder de Deus en favor voso.
5
Examinádevos a vós mesmos, para ver se estades na fe; poñédevos a proba. Ou non vos decatades de que Xesús Cristo está entre vós? A non ser que esteades reprobados...
6
Espero, con todo, que recoñezades que a nós non nos reprobaron.
7
Pedímoslle a Deus que non vos fagades mal ningún: non por quedarmos nós ben, senón para que vosoutros practiquedes o que é bo, aínda que nós quedemos reprobados.
8
Porque contra a verdade non podemos nada pero si a favor da verdade.
9
Por iso alegrámonos de ser febles, con tal de que vós sexades fortes. O que pedimos é a vosa perfección.
10
Por iso mesmo vos escribo estas cousas mentres estou ausente, para non ter que ser tallante cando estea presente, coa autoridade que o Señor me deu para construír, non para derrubar.
11
Do resto, irmáns, estade alegres, procurade a perfección, dádevos azos, andade de acordo, vivide en paz e o Deus do amor e da paz estará convosco.
12
Saudádevos uns ós outros co ósculo santo. Mándanvos saúdos todos os cristiáns.
13
Que a graza do Señor Xesús Cristo, o amor de Deus e a comuñón do Espírito Santo vos acompañen a todos.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13