bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 3
2 Corinthians 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 4 →
1
Comezamos outra vez a recomendarnos? Será que, coma certos individuos, precisamos de cartas de recomendación para vós ou da vosa parte?
2
A nosa carta sodes vós: unha carta escrita nos nosos corazóns, coñecida e lida por toda a xente.
3
Nótasevos que sodes unha carta de Cristo, redactada por nós, e non escrita con tinta senón co Espírito do Deus vivo; e non en táboas de pedra, senón en táboas de corazóns de carne.
4
Esta é a confianza que temos diante de Deus, grazas a Cristo.
5
Non é que de noso teñamos aptitudes para poder apuntar nada na nosa conta coma cousa propia: a nosa capacidade vénnos de Deus,
6
que nos capacitou para sermos axentes dunha alianza nova, non de letra, senón de Espírito; que a letra mata, mentres que o Espírito dá vida.
7
Se aquela oferta de morte (letras gravadas na pedra) se volveu gloria, ata o punto que os israelitas non podían fitar o rostro de Moisés, "polo resplandor do seu rostro" (efémero e todo como era),
8
canto máis gloriosa non será a oferta do Espírito!
9
Porque se a oferta da condena tivo gloria, canta máis gloria vai ter a oferta da xustiza!
10
De feito aquela gloria xa non é gloria, comparada con esta gloria desbordante.
11
Daquela se o efémero tivo o seu momento de gloria, canta máis gloria terá o que é permanente!
12
Tendo entón esta esperanza, comportámonos con moita afouteza;
13
non coma Moisés, que puña un pano por diante da cara para que os israelitas non percibisen a fin do que era caduco.
14
E cegóuselles o entendemento, porque ata o día de hoxe permanece aínda o mesmo pano cando len o Antigo Testamento, sen se decataren de que, con Cristo, esvaece.
15
Aínda hoxe, sempre que len a Moisés, un pano cobre os seus corazóns.
16
"Pero cando se convertan ó Señor, quitarase o pano".
17
Ora, o Señor é o Espírito, e onde está o Espírito do Señor hai liberdade.
18
E nós todos, coa cara descuberta, reflectindo coma nun espello a gloria do Señor, a súa imaxe, ímonos transformando de gloria en gloria, pola acción do Espírito do Señor.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13