bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 12
2 Corinthians 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 13 →
1
Xa que toca a presumir —aínda que non está ben facelo—, acudirei ás visións e revelacións do Señor.
2
Sei dun cristián a quen hai catorce anos (se foi no corpo ou fóra do corpo, non o sei, iso sábeo Deus) o levaron ata o terceiro ceo.
3
E sei que ese home (se foi no corpo ou fóra do corpo, non o sei, iso sábeo Deus)
4
o levaron ó paraíso e oíu palabras inefables, que non se lle permiten pronunciar ó ser humano.
5
De tal home presumirei. Pola miña parte, con todo, só me gabarei das miñas fraquezas.
6
Aínda que, se eu quixer presumir, non sería un insensato, pois só diría a verdade. Mais desisto para que ninguén me valore por enriba do que ve ou oe de min.
7
E, debido á grandeza das revelacións, por iso, para que non teña soberbia, espetóuseme un aguillón na carne: un emisario de Satán, para que me pegue lapotes, e así non teña orgullo.
8
Por tres veces pedinlle ó Señor que o arredase de min,
9
pero respondeume: "Chégache coa miña graza; a forza vese cumprida na fraqueza". Daquela presumirei con gusto das miñas debilidades, para que así resida sobre min a forza de Cristo.
10
E por iso gózome nas fraquezas, nas afrontas, nas necesidades, persecucións e angustias que sufro por Cristo; porque, cando estou débil, entón é cando son poderoso.
11
Sei que acabo de falar aloucadamente: pero fostes vós os que me forzastes a iso. Era eu quen debía ser acreditado por vós, pois, aínda que eu non sexa ninguén, en nada fun menos do que eses super-apóstolos.
12
Os signos do apóstolo realizáronse entre vós na constancia a toda proba e nos sinais, prodixios e milagres.
13
En que fostes vós inferiores ás demais igrexas? Só nisto: en que non vos ocasionei gastos. E perdoádeme a palabra...
14
Ben. Xa estou preparado para ir por terceira vez onda vós, e tampouco agora non vos serei gravoso, que eu non busco as vosas cousas: eu búscovos a vós, pois non son os fillos os que teñen que xuntar para os pais, senón os pais para os fillos.
15
Pola miña parte, con gusto me gastarei e desgastarei polas vosas vidas. Pero, por querervos eu máis da conta, ídesme vós querer menos?
16
"Ben pensarán algúns, efectivamente eu non vos fun gravoso; pero, como son moi renarte, atrapeivos con engano".
17
Vexamos. É que eu vos explotei por medio dalgún dos que vos mandei?
18
Pedinlle a Tito que fose e con el mandei outro irmán. Será que Tito vos explotou? Acaso non actuamos os dous co mesmo criterio? Non seguimos os mesmos pasos?
19
Seguro que hai xa un pouco que coidades que nos estamos xustificando diante de vós. Pois non: falamos diante de Deus e coma cristiáns. E todo é, meus queridos, para a vosa edificación.
20
Temo que, ó chegar, non vos atope tal como eu quería, e que tampouco vós non me encontredes a min tal como desexades. Temo que haxa discordias, receos, incómodos, rivalidades, difamacións, murmuracións, soberbias, desordes.
21
Teño medo de que, cando vaia, o meu Deus me aflixa outra vez aí diante vosa e teña que lamentar que moitos dos que xa antes pecaran, non se arrepentiron da súa inmoralidade, libertinaxe e desenfreo.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13