bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 2
2 Corinthians 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 3 →
1
E tomei a decisión de non ir outra vez onda vós con mágoas.
2
Porque, se eu vos entristezo, quen me vai alegrar a min, non sendo o que está magoado por causa miña?
3
E escribinvos todo iso para que, cando eu chegase, non me causasen tristeza os que me debían producir alegría, confiado como estou en que todos facedes vosa a miña alegría.
4
De tanta tribulación e angustia que sentía, escribinvos cheo de bágoas, pero non para vos poñer tristes, senón para que vos decatásedes do moito cariño que vos teño.
5
Porque sen esaxerar se alguén me magoou, non me magoou a min, senón dalgunha maneira a todos vós.
6
A ese tal, abóndalle a corrección aposta pola maioría da comunidade.
7
Agora, en troques, é mellor que o perdoedes e que o animedes, non vaia sentirse o home amargado por tanta tristeza.
8
Por iso recoméndovos que lle fagades sentir o voso agarimo.
9
Pois para iso tamén vos escribín: para coñecer a vosa compostura, a ver se sodes obedientes en todo.
10
A quen vós perdoades algo, tamén eu perdoo: que, ben mirado, o que eu perdoo se algo teño que perdoar, é por causa vosa, diante de Cristo,
11
para que Satán non saque vantaxe de todo isto, pois non descoñecemos as súas intencións.
12
Cando cheguei a Tróade para anunciar o Evanxeo de Cristo, aínda que tiña as portas abertas para traballar coma cristián,
13
non tiven acougo no meu espírito, por non encontrar alí o irmán Tito. Entón despedinme daquela xente e saín para Macedonia.
14
Doulle grazas a Deus, que, unidos a Cristo, nos leva decote ó seu triunfo e que por medio de nós espalla por todas partes o perfume do seu coñecemento.
15
Porque somos recendo de Cristo para Deus, tanto entre os que se salvan coma entre aqueles que se perden:
16
para estes somos un cheiro de morte, para morte; para os outros, un recendo de vida, para vida. E nestas cousas, hai alguén capaz abondo?
17
Nós, de feito, non imos traficando coa mensaxe de Deus, coma tantos outros, senón que falamos con transparencia, coma quen é de Deus e fala diante de Deus, en Cristo.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13