bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Corinthians 8
2 Corinthians 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 9 →
1
Facémosvos sabedores, irmáns, da graza que Deus lles concedeu ás igrexas de Macedonia.
2
No medio de moitas e duras tribulacións, a súa abondosa alegría e a súa extrema pobreza rebordaron nun derramo de xenerosidade.
3
Dou testemuño de que, segundo os seus posibles e por riba deles, espontaneamente e
4
insistentemente pedíronnos o favor de poderen contribuír a axudar ós outros cristiáns.
5
E non só como esperabamos, senón que se ofreceron a si mesmos, ante todo ó Señor e despois a nós, por vontade de Deus,
6
Ata o punto de lle pedirmos a Tito que, xa que el a principiara, levase igualmente a bo termo entre vós esa obra de caridade.
7
Xa que abundades en todo en fe, en palabras, en ciencia, en interese por todo e en amor a nós, que abundedes tamén nesta graza.
8
Non é unha orde; só que, pola solicitude doutros, quede probada a enxebreza do voso amor.
9
Ben sabedes o xeneroso que é o noso Señor Xesús Cristo: sendo rico, fíxose pobre por vós, para que vós vos fixésedes ricos coa súa pobreza.
10
Nisto douvos un consello, pois convenvos: dado que o ano pasado tomastes a iniciativa non só na execución, senón incluso na mesma decisión,
11
levade a termo agora a execución da iniciativa, de modo que, á prontitude da decisión lle corresponda a prontitude na realización, conforme ás vosas posibilidades;
12
pois se precede a boa disposición, acéptase con gusto o que se ten, non o que non se ten.
13
Non se trata de que vós pasedes apuros por aliviardes a outros, senón de que exista igualdade.
14
Neste momento a vosa abundancia pode remediar a carencia deles, para que a abundancia deles poida vir en auxilio da vosa carencia. Así haberá igualdade,
15
de acordo co que está escrito: A quen recollía moito, non lle sobraba; e a quen recollía pouco, non lle faltaba.
16
Doulle grazas a Deus porque puxo no corazón de Tito o mesmo interese por vós,
17
porque non só aceptou a miña petición senón que, con toda dilixencia, saíu para onda vós por decisión propia.
18
Mandamos con el o irmán tan coñecido en todas as igrexas polo anuncio que fai do Evanxeo:
19
e mesmo isto o elixiron as comunidades, para que fose o meu compañeiro de viaxe nesta obra de caridade, administrada por nós para gloria do Señor, e como proba da nosa dilixencia.
20
Así evitamos que ninguén nos poida criticar pola administración desta farturenta colecta.
21
Pois procuramos o que é bo, non só diante do Señor senón tamén diante dos homes.
22
Mandámosvos tamén con eles outro irmán noso: del temos comprobado que é moi espelido en variados asuntos; e agora véselle aínda, se cadra, máis interese pola confianza que ten en vós.
23
No que se refire a Tito, é compañeiro meu e colaborador nos vosos asuntos; os outros irmáns son delegados das igrexas e honra de Cristo.
24
Dádelles, logo, probas do voso agarimo e xustificade ante eles e ante as súas comunidades o noso orgullo por vós.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13