bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 1
Leviticus 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 2 →
1
Chamou o Señor a Moisés desde a Tenda do Encontro e díxolle:
2
—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Cando un de vós queira ofrecer ó Señor unha oblación de animais, poderá ser de gando maior ou menor.
3
Se a súa oblación fose holocausto de boi, deberá ser macho sen chata. Presentarao á porta da Tenda do Encontro e ofrecerao para que sexa aceptable na presenza do Señor,
4
impondo a súa man sobre a cabeza da vítima, para que sexa do agrado do Señor e lle sirva de expiación.
5
Sacrificará o xato diante do Señor e os sacerdotes, fillos de Aharón, ofrecerán o sangue, verténdoo arredor enriba do altar, que está á porta da Tenda do Encontro.
6
Despelexarán a vítima e, despois de a cortaren en anacos,
7
os sacerdotes, fillos de Aharón, acenderán o lume sobre o altar e axeitarán a leña enriba do lume.
8
Os mesmos sacerdotes, fillos de Aharón, disporán os anacos, a cabeza e a graxa enriba da leña, que axeitarán no lume do altar;
9
despois de lavar as entrañas e as patas con auga, o sacerdote fará queimar todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.
10
Se a súa oblación fose de gando miúdo, isto é, de ovella ou de cabra, para holocausto, só poderá presentar un macho sen chata.
11
Sacrificarao no lado norte do altar diante do Señor, e os sacerdotes, fillos de Aharón, verterán o sangue arredor enriba do altar.
12
Cortarase logo nos anacos de costume, e xunto coa cabeza e a graxa da vítima o sacerdote disporá todo enriba da leña colocada sobre o lume.
13
Lavaranse con auga os intestinos e as patas e o sacerdote presentará e queimará todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.
14
Se a súa oblación fose de ave, para ofrecer en holocausto ó Señor, terán que ser rulas ou pombiños de pomba, como ofrenda súa.
15
O sacerdote presentará sobre o altar a vítima, arrincaralle a cabeza e queimaraa enriba do altar; despois espremeralle o sangue contra a parede do altar,
16
Arrincaralle o papo e as plumas e tirará con elas no lado leste do altar para o sitio da cinsa;
17
quebraralle logo as ás, pero sen llas arrincar, e o sacerdote queimará a vítima no altar en riba da leña colocada sobre o lume. Será un holocausto de recendo para o Señor.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27