bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 27
Leviticus 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
1
Faloulle o Señor a Moisés:
2
—"Dilles ós fillos de Israel: Cando alguén queira cambiar un voto que fixo, consagrando unha persoa ó Señor, poderao rescatar conforme o seu valor.
3
A valoración será a seguinte: se o voto é por un varón que ten entre vinte e sesenta anos de idade, o prezo será de cincuenta siclos de prata dos do santuario;
4
se é por unha muller da mesma idade, o prezo será de trinta siclos.
5
Se o varón ten entre cinco e vinte anos, o valor será de vinte siclos; se é muller, será de dez siclos.
6
Se é un neno dun mes a cinco anos, o valor será de cinco siclos de prata, se é home; e de tres siclos de prata, se é muller.
7
Se a persoa consagrada ten de sesenta anos para arriba, o valor será de quince siclos, se é home; e de dez, se é muller.
8
Se o que fixo o voto fose pobre e non pode pagar o valor taxado, preséntese ó sacerdote, que o valorará conforme as súas posibilidades.
9
Se o voto que se fixo foi dunha res, todo canto se lle ofreza ó Señor do animal será sagrado:
10
non poderá ser cambiado nin trocado por outro, nin mellor nin peor. Se alguén troca un animal por outro, ámbolos dous serán sagrados, tanto o trocado coma o outro.
11
Se o animal ofrecido ó Señor fose impuro e non servise para ser inmolado como sacrificio, será presentado ó sacerdote,
12
que o taxará coma bo ou malo: o seu prezo será o que lle taxe o sacerdote.
13
Se o que o ofreceu en voto o quere rescatar, dará por el un quinto máis do prezo taxado.
14
Se alguén fai ofrenda da súa casa ó Señor, o sacerdote fixará o seu valor, moito ou pouco. O valor que lle poña, será considerado xusto.
15
Se o que a ofreceu a quere rescatar, pagará por ela un quinto máis do prezo taxado, e será del.
16
Se alguén fai ofrenda ó Señor dalgunha herdade do seu patrimonio, será valorada segundo os ferrados de semente: cincuenta siclos de prata por cada ferrado de semente de cebada.
17
Se ofreceu a herdade no ano do Xubileu, dará o prezo total;
18
se foi despois do Xubileu, o sacerdote contará os anos que faltan ata o Xubileu seguinte e descontará do valor taxado o que corresponda ós anos pasados.
19
Se o que a ofreceu a quere rescatar, pagará un quinto máis do prezo taxado en siclos de prata, e será del.
20
Se o que ofrece a herdade non a rescata e se se vende a outro, non terá dereito a rescatala máis;
21
pero cando chegue o Xubileu, quedará libre e será considerada como sagrada para o Señor, como se fose un eido con interdito, e pasará a ser propiedade do sacerdote.
22
Se o eido consagrado ó Señor fose comprado, non herdado,
23
o sacerdote taxará o seu valor conforme o número de anos ata o Xubileu, e, pasado ese prezo, nese mesmo día será sagrado para o Señor.
24
No ano do Xubileu o eido volverá ó dominio do primeiro que o vendera, porque era parte da súa herdanza.
25
Toda valoración se fará conforme o valor do siclo do santuario, cada siclo vale vinte óbolos.
26
A primeira cría do gando, que por ser primoxénito pertence ó Señor, non poderá ser ofrecida como voto, será xa do Señor, sexa tenreiro, sexa de gando miúdo.
27
Se fose animal impuro, poderase rescatar polo prezo avaliado, engadíndolle un quinto; pero se non se rescata, venderase polo prezo taxado.
28
Calquera ofrenda en anatema que alguén lle fai ó Señor de todo canto lle pertence, persoa, animal ou terra, non se poderá vender nin rescatar: será totalmente consagrada ó Señor.
29
Nin sequera un ser humano, que foi ofrecido en anatema ó Señor, poderá ser rescatado: terá que morrer.
30
O décimo enteiro, tanto da terra coma da semente da terra ou do froito das árbores, será do Señor: é cousa sagrada para Iavé.
31
Se alguén quere rescatar o seu décimo, pagará un quinto máis do prezo avaliado.
32
Todo décimo de gando grande ou pequeno, é dicir, cada décima cabeza que pase por debaixo do caxato, será consagrado ó Señor.
33
Non se escollerá entre bo ou malo, nin se poderá trocar. Se alguén o cambiase, tanto o animal trocado coma o outro serán sagrados, non se poderán rescatar".
34
Estes son os mandamentos, que o Señor lle ordenou a Moisés para os fillos de Israel no monte Sinaí.
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27