bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 19
Leviticus 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 20 →
1
Díxolle o Señor a Moisés:
2
—"Fálalle á comunidade dos fillos de Israel e dilles: Sede santos, porque santo son eu, o Señor, o voso Deus.
3
Cada un respecte a súa nai e a seu pai, e garde os meus sábados. Eu son o Señor, o voso Deus.
4
Non tornaredes os ollos cara ós ídolos, nin vos fagades deuses de metal fundido. Eu son o Señor, o voso Deus.
5
Cando ofrezades un sacrificio de comuñón ó Señor, ofrecede unha vítima que sexa do voso gusto;
6
comerédela no mesmo día en que foi sacrificada ou no día seguinte. O que vos sobre para o día terceiro, queimarédelo no lume.
7
Se algún se atreve a comela no terceiro día, estaría xa corrompida: non será aceptable.
8
Quen coma dela, cargará coa súa iniquidade, por profanar unha cousa consagrada ó Señor: ese tal será exterminado do seu pobo.
9
Cando fagades a seitura dos vosos campos, non seguedes todos os recantos do eido, nin fagades a rebusca das espigas caídas.
10
Tampouco non farás a rebusca da túa viña, nin aproveitarás os acios. Serán para o pobre e o forasteiro. Eu son o Señor o teu Deus.
11
Non roubaredes, nin negaredes o prestado, e que ninguén engane ó seu próximo.
12
Non xuraredes en falso no meu nome, sería aldraxar o nome do teu Deus. Eu son o Señor.
13
Non oprimirás, nin espoliarás o teu próximo, nin reterás contigo o xornal do teu obreiro durante a noite ata a mañá.
14
Non maldicirás o xordo, nin lle porás atrancos ó cego: temerás o teu Deus. Eu son o Señor.
15
Non serás inxusto cando xulgues: non favorecerás o feble nin honrarás o poderoso. Xulgarás con xustiza ó teu próximo.
16
Non espallarás calumnias entre os teus conveciños, nin quedarás indiferente cando lle batan ó teu próximo. Eu son o Señor.
17
Non terás odio de corazón ó teu irmán; e reprenderás con decisión o teu próximo, para non cargar co seu pecado.
18
Non te vingarás nin lles terás xenreira ós teus conveciños: amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Eu son o Señor.
19
Gardade os meus estatutos. Non aparearás animais de especies diferentes, nin sementarás no teu eido sementes diferentes, mesturándoas, nin vestirás roupas tecidas con fíos distintos de lá e de liño.
20
Se un home se deita cunha muller, e se ela é escrava e está casada con outro home e non foi redimida aínda nin se lle deu a liberdade, serán azoutados ambos; pero non morrerán, por non estar aínda redimida.
21
Terá que presentar ó Señor polo seu delito, diante da Tenda do Encontro, un carneiro para o sacrificio de reparación.
22
Mediante o carneiro polo delito, o sacerdote expiará por el diante do Señor pola culpa contraída, e seralle perdoado o pecado cometido.
23
Cando deades entrado na terra prometida e plantedes calquera caste de árbores para comer, durante tres anos teredes os seus froitos por incircuncisos: serán profanos para vós, non os comeredes.
24
Todo o seu froito do cuarto ano será consagrado para loanza do Señor.
25
No quinto ano comeredes o seu froito, así aumentará para vós o seu produto. Eu son o Señor, o voso Deus.
26
Non comeredes cousa ningunha con sangue. Non botaredes sortes nin faredes adiviñacións.
27
Non raparedes, a xeito de coroa, a vosa cabeza, nin recortaredes a barba polos lados.
28
Non faredes incisións no voso corpo, en sinal de loito, nin vos faredes tatuar en ningún sitio. Eu son o Señor.
29
Non entregues a túa filla á prostitución, para que non se profane a terra, enchéndose de torpezas.
30
Gardaredes os meus sábados, e respectaredes o meu santuario. Eu son o Señor.
31
Non iredes ós bruxos nin consultaredes os adiviños, contaminándovos con eles. Eu son o Señor, o voso Deus.
32
Poraste de pé ante os cabelos brancos e honrarás a presenza do ancián, temendo o teu Deus. Eu son o Señor.
33
Se un forasteiro vén morar convosco na vosa terra, non o maltratedes,
34
tratádeo coma nativo entre vós, un peregrino máis convosco: amarédelo coma a vós mesmos, porque peregrinos fostes tamén vós no Exipto. Eu son o Señor, o voso Deus.
35
Non faredes inxustiza nos xuízos: nin no longo nin no peso, nin na medida.
36
Usaredes balanza xusta, pesas boas, efah exacto e hin completo. Eu son o Señor, o voso Deus que vos saquei do país de Exipto.
37
Gardaredes todos os meus mandamentos, e seguiredes todos os meus consellos. Eu son o Señor".
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27