bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 8
Leviticus 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 9 →
1
Díxolle o Señor a Moisés:
2
—"Chama a Aharón e a seus fillos con el e colle as roupas, o aceite da unción, o xato do sacrificio, os dous carneiros e o cesto dos pans sen fermento,
3
e xunta a toda a comunidade diante da Tenda do Encontro".
4
Fixo Moisés como lle mandara o Señor e convocou a comunidade diante da Tenda do Encontro, na entrada.
5
E Moisés díxolle á comunidade: —"Isto é o que o Señor manda facer".
6
E Moisés fixo que se lle aproximasen Aharón e seus fillos, e lavounos con auga.
7
Vestiulle a túnica a Aharón, cinguíndolla co cíngulo, cubriuno co manto, púxolle enriba o efod apertándollo coa faixa e deixándollo ben cinguido.
8
Colocoulle o peitoral e enriba del os urim e os tummim;
9
púxolle na cabeza a tiara e na cima da tiara por diante púxolle a flor de ouro, a coroa sagrada, conforme lle mandara o Señor a Moisés.
10
Colleu logo Moisés o aceite da unción e unxiu con el a Tenda e todo o que había nela, e consagrounos.
11
Asperxeu con el sete veces o altar e unxiuno xunto con todos os demais utensilios, e tamén a pía e mais o seu pé para consagralos.
12
Despois verteu aceite da unción sobre a cabeza de Aharón e unxiuno para consagralo.
13
Mandou logo que se lle aproximasen os fillos de Aharón e vestiulles as túnicas, apertándollelas cos cíngulos e cubriunos coas mitras, como lle mandara o Señor.
14
Fixo traer o xovenco para o sacrificio de expiación, e Aharón e mais os seus fillos impuxéronlle as súas mans sobre a cabeza.
15
Moisés degolouno e, mollando os seus dedos no sangue, asperxeu con el as esquinas do altar arredor para purificalo; verteu o resto do sangue ó pé do altar para consagralo, facendo o rito de expiación por el.
16
Recolleu toda a graxa que envolve as entrañas e o fígado, os dous riles coa súa graxa e fixo queimar todo no altar.
17
Queimou o xovenco enteiro: coiro, carne, e excrementos, fóra do campamento, como o Señor llo mandara facer a Moisés.
18
Mandou traer o carneiro do holocausto, e Aharón e mais os seus fillos impuxéronlle as súas mans sobre a cabeza.
19
Moisés degolouno, e verteu o sangue por riba do altar arredor.
20
Descuartizou o carneiro en anacos e fíxoos queimar xunto coa cabeza e a graxa.
21
Lavou con auga as entrañas e as patas, e fixo queimar todo o carneiro no altar do holocausto. Foi un holocausto de recendo para o Señor, como lle mandara o Señor a Moisés.
22
Mandou traer o segundo carneiro, o do sacrificio da consagración, e Aharón e mais os seus fillos impuxéronlle as súas mans sobre a cabeza.
23
Moisés degolouno e, collendo sangue, untou o lóbulo da orella dereita de Aharón, o dedo polgar da man dereita e a deda do pé dereito de Aharón.
24
Fixo que se lle achegasen despois os fillos de Aharón e untoulles tamén os lóbulos da súa orella dereita, os dedos polgares da man dereita e as dedas do pé dereito. O resto do sangue verteuno Moisés por riba do altar arredor.
25
Recolleu logo as partes gordas, isto é, o rabo, o unto, que envolve as entrañas, a graxa que envurulla o intestino e o fígado, os dous riles coa súa graxa e o pernil dereito de diante.
26
Do cesto dos pans sen fermento, que están diante do Señor, colleu un pan sen fermento, un bolo de pan adobado con aceite e unha bola e pousounos encima da graxa e do pernil dereito.
27
Puxo todo nas mans de Aharón e nas dos seus fillos, facendo o xesto de ofrecemento diante do Señor.
28
De seguida colleu Moisés todo das mans deles e queimouno no altar sobre a vítima. Foi un sacrificio de consagración, holocausto de recendo para o Señor.
29
Despois Moisés colleu o peito do carneiro e fixo o xesto de ofrecemento ó Señor, por ser esta a porción do carneiro que lle pertencía a Moisés, como lle mandara o Señor no sacrificio da consagración.
30
Moisés colleu do aceite da unción e do sangue pousado enriba do altar e asperxeu con el a Aharón e as súas roupas, ós seus fillos e as súas roupas, e consagrou a Aharón e os seus vestidos, xunto cos seus fillos e as súas roupas.
31
Moisés díxolles a Aharón e ós seus fillos: —"Cocede a carne na entrada da Tenda do Encontro e comédea alí mesmo co pan do cesto da consagración, de acordo coa orde que se me deu, dicindo: Soamente a poderán comer Aharón e os seus fillos.
32
O sobrante da carne e do pan queimarédelo no lume.
33
Non vos afastaredes da porta da Tenda do Encontro durante sete días, ata que chegue o día derradeiro da vosa consagración, que durará sete días completos.
34
Tal como se fixo no día de hoxe, mandou o Señor que se faga sempre para a vosa expiación.
35
Manterédesvos á porta da Tenda do Encontro día e noite durante sete días, cumprindo as ordes do Señor para que non morrades, pois así me foi mandado".
36
Aharón e os seus fillos fixeron todo como lles ordenara o Señor por medio de Moisés.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27