bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 4
Leviticus 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 5 →
1
O Señor díxolle a Moisés:
2
—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Calquera que peque, sen o saber, contra un mandamento de Iavé, facendo algo que El privou de facer, entón:
3
Se o que peca é o Sumo Sacerdote, o unxido —que, como tal, fai culpable ó pobo—, ofrecerá polo pecado cometido en prexuízo do pobo un xato de boi sen chata á honra do Señor.
4
Levará o xato diante do Señor á porta da Tenda do Encontro, imporá a súa man sobre a cabeza do becerro, e sacrificarao alí diante do Señor.
5
O sacerdote, o unxido, collerá do sangue da vítima e entrará na Tenda do Encontro.
6
Mollará o sacerdote os seus dedos no sangue e asperxerá con el sete veces de cara ó veo do santuario.
7
Tinguirá despois o sacerdote co sangue as esquinas do altar do incenso recendente, que está diante do Señor na Tenda do Encontro, e todo o resto do sangue da vítima verterao ó pé do altar dos holocaustos, situado no limiar da Tenda do Encontro.
8
Collerá logo toda a graxa do xato do sacrificio expiatorio, tanto a que envolve as entrañas, coma o unto dos intestinos,
9
os dous riles coa graxa que os envurulla, a que ten nas illargas e a membrana que envolve o fígado e os riles,
10
e dun xeito semellante a como se fai co becerro do sacrificio de comuñón, o sacerdote queimarao no altar dos holocaustos.
11
Emporiso a pelica do xato, toda a súa carne, a cabeza, as patas, as entrañas e excrementos,
12
todo o resto do becerro será levado fóra do campamento a un lugar puro, onde se botan as cinsas: alí será queimado enriba da leña. O becerro será queimado no mesmo lugar onde se botan as cinsas.
13
Se quen peca é toda a comunidade de Israel, pero non se decata a comunidade de que fai algo que o Señor privou de facer,
14
cando a comunidade se decate do pecado cometido, ofrecerá polo pecado un xato. Presentarao diante da Tenda do Encontro.
15
Os patrucios da comunidade imporán as súas mans sobre a cabeza do xato diante do Señor, e sacrificarano diante do Señor.
16
O sacerdote, o unxido, levará do sangue da vítima para a Tenda do Encontro,
17
mollará os seus dedos no sangue e asperxerá con el sete veces de cara ó veo,
18
tinguirá con sangue as esquinas do altar, que está na Tenda do Encontro diante do Señor, e verterá todo o resto do sangue ó pé do altar dos holocaustos, que está no limiar da Tenda do Encontro.
19
Recollerá toda a súa graxa e queimaraa no altar,
20
facendo con esta vítima como fixera co xato do sacrificio expiatorio. O sacerdote fará con el a expiación pola comunidade e serán perdoados.
21
Levará o xato fóra do campamento e queimarao, como queimaran o xato anterior, como sacrificio de expiación polo pecado da comunidade.
22
Se o que peca é un xefe, facendo algo sen se decatar de que Iavé, o seu Deus, o privou de facer,
23
cando se decate de que cometeu un pecado, ofrecerá como sacrificio un chibo, macho sen chata.
24
Imporá a súa man sobre a cabeza do chibo, e sacrificarao no lugar adoitado para matar as vítimas do holocausto diante do Señor, pois é un sacrificio expiatorio.
25
O sacerdote collerá do sangue do animal e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos. O resto do sangue verterao ó pé do mesmo.
26
Despois queimará todas as graxas no altar, como fixera co unto do sacrificio de comuñón. Desta maneira expiará o sacerdote polo seu pecado, e seralle perdoado.
27
Se o que peca é un calquera do pobo, facendo, sen decatarse, algo que o Señor privou de facer,
28
cando se decate de que cometeu pecado, ofrecerá como sacrificio, unha cabra, femia sen chata, para expiar polo pecado cometido.
29
Imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificará a cabra no lugar dos holocaustos.
30
O sacerdote collerá do sangue da cabra e cos seus dedos tinguirá as esquinas do altar dos holocaustos e o resto do sangue verterao ó pé do altar.
31
Separará toda a súa graxa, como fora separada a graxa do sacrificio de comuñón, e queimaraa o sacerdote no altar como recendo para o Señor. O sacerdote expiará por el, e seralle perdoado.
32
Se ofrece un año como sacrificio polo seu pecado, presentará unha femia sen chata.
33
Imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa en expiación no lugar no que se adoita matar as vítimas do holocausto.
34
O sacerdote collerá do sangue, e cos seus dedos tinguirá con el as esquinas do altar do holocausto, e todo o sangue restante verterao ó pé do altar.
35
Recollerá toda a graxa, como fixera coa graxa do año do sacrificio de comuñón, e queimaraa no altar, xunto coas vítimas queimadas ó Señor. O sacerdote expiará así pola tal persoa, por causa do seu pecado, e seralle perdoado.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27