bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 9
Leviticus 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 10 →
1
No día oitavo Moisés chamou a Aharón e a seus fillos e a todos os patrucios de Israel.
2
Díxolle a Aharón: —"Colle un xato para o sacrificio de expiación e un carneiro para o holocausto, ambos sen chata, e ofréceos diante do Señor.
3
Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Escollede un chibo para o sacrificio de expiación e un xovenco e un año dun ano, ambos sen chata para o holocausto.
4
Un boi e un carneiro para o sacrificio de comuñón, que sacrificaredes diante do Señor, a máis dunha oblación adobada con aceite. Hoxe de seguro hásevos aparecer o Señor".
5
Levaron todo o que lles dixera Moisés diante da Tenda do Encontro, e toda a comunidade, aproximándose, mantívose alí de pé diante do Señor.
6
Entón Moisés dixo: —"Velaquí o que o Señor vos mandou facer para que se vos apareza a súa gloria".
7
Despois díxolle Moisés a Aharón: —"Achégate ó altar e ofrece o teu sacrificio de expiación e o teu holocausto, e fai a expiación por ti e pola túa familia; presenta tamén a ofrenda do pobo, para expiar por el, como o mandou o Señor".
8
Achegouse ó altar Aharón, e sacrificou o xovenco, como expiación polo seu propio pecado.
9
Os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, e el, mollando os dedos nel, asperxeu os lados do altar e verteu o resto do sangue ó pé do altar.
10
Queimou no altar a graxa, os riles, o unto que envurulla o fígado, sacados da vítima, como o Señor lle tiña mandado a Moisés.
11
A carne e o coiro queimounos no lume fóra do campamento.
12
Sacrificou tamén a vítima para o holocausto e os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, e el verteuno arredor por riba do altar.
13
Trouxéronlle despois a vítima do holocausto, cortada en anacos xunto coa cabeza, e queimouna no altar.
14
Lavou as entrañas e as patas, e queimounas por riba do holocausto no altar.
15
Ofreceu tamén o sacrificio do pobo, collendo un cabrito para expiar polo pobo, e sacrificouno facendo o rito da expiación, coma o primeiro.
16
Logo ofreceu o holocausto, facendo todo conforme o rito.
17
Presentou a oblación, colleu dela unha presa e queimouna no altar, amais do holocausto da mañá.
18
Sacrificou tamén o boi e mais o carneiro para o sacrificio de comuñón do pobo, e os fillos de Aharón presentáronlle o sangue, que el verteu arredor encima do altar.
19
A graxa do boi e do carneiro, o rabo, o unto que envurulla as entrañas, os riles e a graxa do fígado
20
puxéronos xunto coa graxa dos peitos e Aharón fixo queimar todo no altar.
21
Aharón, facendo o xesto de ofrecemento, abalou os peitos e o pernil dereito de diante, como lle mandara facer Moisés.
22
Ergueu Aharón a súa man de cara ó pobo e bendiciuno, e despois de ofrecer o sacrificio de expiación e o sacrificio de comuñón, baixou.
23
De seguida entraron Moisés e Aharón na Tenda do Encontro. O saíren, bendiciron o pobo, e a gloria do Señor aparecéuselle a todo o pobo.
24
Xurdiu lume da presenza do Señor e devorou sobre o altar as graxas e o holocausto, á vista de todo o pobo; entón reloucaron e prosternáronse rostro en terra.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27