bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 24
Leviticus 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 25 →
1
O Señor faloulle a Moisés:
2
—"Manda ós fillos de Israel que che traian aceite de oliveira, puro e virxe, para acender o candelabro, e que se manteña sempre aceso.
3
Aharón colocarao pola banda de fóra do veo da Tenda do testemuño, e arderá decote desde a tarde ata a mañá diante do Señor. É lei perpetua para todas as vosas xeracións.
4
Disporás as candeas no candelabro de ouro puro, e alumarán decote diante do Señor.
5
Collerás flor de fariña, e farás doce bolos de dúas décimas cada un,
6
e disporalos en dúas filas, seis en cada unha enriba de mesa de ouro puro diante do Señor.
7
Enriba de cada fila porás incenso puro, que será sobre o pan como recendo de lembranza para ser queimado na honra do Señor.
8
Sempre cada sábado renovaralo diante do Señor. Será estatuto perpetuo para os fillos de Israel.
9
Pertencerán a Aharón e ós seus fillos. Só eles o poderán comer no santuario, porque son cousa sagrada, recollida das ofrendas presentadas ó Señor e perténcelles a eles por dereito perpetuo".
10
Xurdiu entre os israelitas un que era fillo de nai israelita e de pai exipcio, e pelexou cun israelita no campamento.
11
O fillo da muller israelita blasfemou contra o nome de Deus, e por iso foi levado onda Moisés (o nome da nai era Xelomit, filla de Dibrí, da tribo de Dan).
12
Puxérono baixo garda ata que dixese o Señor o que tiñan que lle facer.
13
Faloulle o Señor a Moisés:
14
—"Levade o blasfemo fóra do campamento, que todos os que o oíron lle impoñan as súas mans sobre a cabeza, e que a comunidade toda o mate a pedradas.
15
Despois diraslles ós israelitas: Calquera que aldraxe o nome do seu Deus, cargará co seu pecado.
16
Quenquera que aldraxe o nome do Señor morrerá sen remedio. A comunidade toda terá que o matar a pedradas, sexa estranxeiro sexa nativo. Calquera que aldraxe o nome do Señor será matado.
17
Se algún lle bate a outro ata o matar, será castigado coa morte.
18
Quen mate un animal a golpes, terá que devolver outro: animal por animal.
19
Calquera que lle faga dano ó seu próximo, faráselle a el o mesmo,
20
fenda por fenda, ollo por ollo, dente por dente. O que lle fixo ó outro, faráselle a el do mesmo xeito.
21
O que mata un animal alleo, terá que o pagar; o que mata a un home, tamén será el matado.
22
Haberá entre vós un só xuízo para todos, o mesmo para o forasteiro e para o nativo. Eu son o Señor, Deus de todos vós".
23
Despois de lles falar Moisés ós israelitas, sacaron o blasfemo fóra do campamento e acantazárono todos os fillos de Israel, tal como lle ordenara o Señor a Moisés.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27