bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 2
Leviticus 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 3 →
1
Se alguén quere facer unha oblación á honra do Señor, terá que ser de flor de fariña, engadíndolle aceite e botándolle incenso enriba.
2
Deberállela presentar ós sacerdotes, fillos de Aharón. O sacerdote collerá dela unha presa da súa flor de fariña, parte do seu aceite e todo o incenso, e queimarao sobre o altar aceso, como lembranza de recendo para Iavé.
3
O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto á honra do Señor.
4
Cando ofrezas unha oblación cocida no forno, ha de ser un molete de flor de fariña sen fermento adobada con aceite, e boliños sen fermento amasados con aceite.
5
Se a oblación fose fritida na tixola, ha de ser de flor de fariña sen fermento mesturada con aceite;
6
cortarala en rebandas e botaraslle enriba aceite: é unha oblación.
7
Se a túa oblación fose cocida, terá que ser de flor de fariña con aceite.
8
Levarás, pois, ó Señor a ofrenda preparada destas diferentes maneiras e presentaraslla ó sacerdote, que a porá sobre o altar.
9
O sacerdote quitará da oblación a lembranza e queimaraa no altar como holocausto de recendo para o Señor.
10
O resto da oblación será para Aharón e para seus fillos, como porción máis santa do holocausto para o Señor.
11
Toda oblación que lle fagades ó Señor ha de ser preparada sen fermento, porque non se debe queimar en holocausto ó Señor ningunha ofrenda con fermento ou mel.
12
Poderédelas ofrecer como oblación de primicias ó Señor, pero non as queimaredes no altar como recendo para o Señor.
13
Ademais disto, sazonarás con sal toda oblación, endexamais faltará o sal da alianza do teu Deus en ningunha das túas ofrendas. Porás sal por riba de toda oblación túa.
14
Se ofreces oblación de primicias ó Señor, presentarás espigas sen madurar, torradas no lume, debullando os seus grans tenros, como oblación das túas primicias;
15
botaraslles aceite enriba e poraslles incenso, pois é unha oblación.
16
O sacerdote queimará a lembranza, parte dos grans debullados e parte do aceite e todo o incenso, como holocausto para o Señor.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
Recommended Reading
Commentary
Leviticus Commentaries
→
Devotional
Leviticus Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→