bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 10
Leviticus 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 11 →
1
Nadab e Abihú, fillos de Aharón, colleron cadanseu incensario, puxéronlle brasas, botáronlles incenso enriba, e presentaron diante do Señor un lume profano, que non lles fora mandado.
2
Xurdiu da presenza do Señor unha labarada e devorounos, e morreron alí na presenza do Señor.
3
Díxolle Moisés a Aharón: —"Isto tíñavolo ben advertido o Señor con estas verbas: Mostrarei a miña santidade nos que me están máis próximos, manifestarei a miña gloria diante dos ollos de todo o pobo". Aharón calou.
4
Moisés chamou a Mixael e a Elsafán, fillos de Uziel, tío de Aharón, e díxolles: —"Achegádevos, e sacade a vosos irmáns de diante do santuario para fóra do campamento".
5
Eles achegáronse, e leváronos coas súas túnicas postas fóra do campamento, como lles ordenara Moisés.
6
Díxolles Moisés a Aharón, a Elazar e a Itamar, seus fillos: —"Non despeiteedes os vosos cabelos nin rachedes os vosos vestidos, pois non morreredes nin se acenderá a ira do Señor contra a comunidade. Os vosos irmáns e toda a casa de Israel chorarán por causa do incendio que xurdiu diante do Señor.
7
Non vos afastedes da entrada da Tenda do Encontro, e non morreredes, porque estades unxidos co óleo santo do Señor". E fixeron como lles mandara Moisés.
8
O Señor díxolle a Aharón:
9
—"Non beberás viño nin ningunha outra cousa que poida embebedar, nin ti, nin teus fillos, cando teñades que entrar na Tenda do Encontro, e non morreredes. Estatuto perpetuo para as vosas xeracións,
10
para que saibades diferenciar entre o sagrado e o profano, entre o impuro e o puro,
11
e para lles ensinardes ós fillos de Israel todas as leis, que o Señor lles deu por medio de Moisés".
12
Moisés díxolles a Aharón e a Elazar e Itamar, seus fillos superviventes: "Collede o que resta das oblacións do Señor, que non se queimou, e comédeo sen levedar ó pé do altar, porque é unha cousa sacrosanta.
13
Tedes que a comer no lugar sagrado, pois é a porción que che toca a ti e a teus fillos, dos holocaustos do Señor, porque esa foi a miña orde.
14
Tamén o peito e o pernil dianteiro ofrecidos terédelos que comer no lugar puro ti, os teus fillos e as túas fillas contigo, por ser a parte que che toca a ti e a teus fillos dos sacrificios de comuñón, que doaron os fillos de Israel.
15
O pernil dianteiro e o peito ofrendados serán pasados por enriba do lume no que arden as graxas, abalándoos ritualmente na presenza de Iavé, e pertencerán a ti e ós teus fillos. Lei perpetua, como mandou o Señor".
16
Moisés preguntou a fondo acerca do chibo expiatorio, e informouse de que fora queimado. Alporizouse moitísimo Moisés contra Elazar e Itamar, fillos superviventes de Aharón, e dixo:
17
"Por que non comestes a oblación expiatoria no lugar sagrado, pois é cousa sacrosanta, que vos dei eu para que arrincásedes a culpa da comunidade, expiando por ela diante do Señor?
18
Xa que o sangue non foi levado dentro do santuario, era a vosa obriga comela no lugar sagrado, como volo tiña mandado".
19
Aharón explicoulle a Moisés: "Hoxe ofreceron a súa oblación expiatoria e o seu holocausto diante do Señor, e aconteceume todo isto. Se eu comese neste día a oblación expiatoria, sería isto agradable ós ollos do Señor?"
20
Escoitou Moisés a explicación e pareceulle ben.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27